22 de dec. de 2019

BIBLIOBOLETÍN DE NADAL



Biblioquiroga presenta o seu BIBLIOBOLETÍN de NADAL coas  adquisicións e recomendacións de Biblioquiroga e das librarías do pobo.
Ademais da presentación das actividades da Biblioteca, Libromanía e Donas de Si, realizadas durante este trimestre.






BO NADAL!


Cando se achegaba o Nadal ao alumnado de 1º da ESO tocoulles traballar co Apalpador. Non hai moito que se rescatou do esquecemento este personaxe tradicional que se mantiña vivo, segundo os testemuños recollidos, nas montañas do Courel e mesmo tamén no Bierzo. Trátase dun vello xigante que vive nas devesas facendo carbón e labrando na madeira para facer enredos, viste esfarrapado e cheos de remendos, usa boina e fuma en cachimba. Na noite de fin de ano baixa ás casas cun saco de castañas para repartilas entre aqueles nenos e nenas que están durmidos e ben mantidos, desexándolles que estean así o resto do ano, sen pasar fame nin penurias.
Foi por iso polo que nos decidimos a participar na ambientación do Nadal con actividades relacionadas con este personaxe tan vinculado a nosa contorna  O resultado de todo este esforzo aparece exposto na entrada do centro nun mural integrado por un fermoso cadro no que traballou o alumnado na aula de Educación Plástica

































Acompañano tamén as Cartas ao Apalpador nas que expresaron os seus mellores desexos e ilusións para o ano novo.























Finalmente prepararon a Cantiga do Apalpador e interpretárona no salón de actos do centro

Abofé que merecen que o Apalpador chegue ben cargado este ano!

CONCURSO DE TARXETAS  "A DONA DO NADAL"

E por suposto non faltou o concurso de postais de Nadal, organizado por Biblioquiroga para celebrar estas datas











TEATRO EN FRANCÉS "LE MÉDECIN MALGRÉ LUI"


O pasado 26 de novembro, o alumnado de francés segunda lingua estranxeira desprazouse a Ourense para disfrutar da representación dunha obra de teatro, "Le médecin malgré lui", unha comedia-farsa do dramaturgo francés do século XVII, Molière, adaptada pola compañía "Voilà théâtre"
Molière estaba enfermo ao escribir esta obra, polo que fai patente nela o seu desprezo polo medicina




CHARLAS SOBRE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL


Estas últimas semanas do mes de decembro tiveron lugar una serie de charlas sobre “Saúde sexual” para o noso alumnado de ESO e BACHARELATO,  a cargo de OTERO PIÑÁN (profesionais en medicina e sexoloxía). Esta proposta desenvolveuse  en dúas charlas (formato charla e discusión) dentro do horario escolar, e cunha duración aproximada duns 50 minutos cada unha.
 A través desta actividade procuramos:

  •     Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións cos demais, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo, os comportamentos sexitas.

  •           Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e dos demais, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais….Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. 

















Con este programa pretendemos a incorporación de aspectos relacionados co autoconcepto e a autoestima, a educación afectivo-sexual e a igualdade entre homes e mulleres e garantir o principio de igualade de trato e de non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero (….) no ámbito educativo e en todos os ámbitos. 




9 de dec. de 2019

UNHA XORNADA DE TEATRO



"AHORA MISMITOS"
 Unha aproximación aos mitos clásicos polo camiño do humor



O pasado luns 18 de novembro visitou o noso instituto o actor Antonio Blanco, da compañía Malaje Sólo, coa obra "Ahora mismitos", que encheu durante 90 minutos o salón de actos do centro. Acompañado dun baúl que resultou ser case unha Caixa de Pandora (que no canto de males traía os máis variados obxectos), Antonio achegou aos estudantes o mundo da mitoloxía clásica. Desfilaron pola escea  Pigmalión e Galatea ( a estatua de mármore da que namorou) Faetón, Afrodita, Hera, Atenea e Paris... e ata convirtiu a algún do noso alumnado no auténtico Zeus.
























Tras hora e media de risas continuas, a representación teatral organizada polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura rematou cunha pregunta con premio e a ganadora foi obsequiada cun libro de mitoloxía, para poder achegarse máis ao fabuloso mundo dos deuses clásicos, recén descubertos para algún dos asistentes. O alumnado pasouno tan ben que moitos quixeron facer fotos co intérprete, malia que elo implicase sacrificar tempo do seus recreo.




Humor e mitoloxía, xuventude e risas a esgalla...Que máis lle podemos pedir a unha xornada de teatro? Se non nos credes, velaí queda unha pequeña mostra gráfica.









27 de nov. de 2019

25 NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES



EXPOSICIÓN CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.


Na entrada do centro, o Equipo da Biblioteca e do proxecta "Donas de si"  realizou unha exposición na que intentou visibilizar as vítimas de violencia deste ano, para así concienciar  ao alumnado desta lacra social que é a violencia machista.




























EXPOSICIÓN DE LIBROS COA TEMÁTICA DA VIOLENCIA DE XÉNERO



Ás 12:30, na entrada do centro,  tivemos unha concentración  en recordo das vítimas de violencia machista e contra  todo tipo de violencia exercida sobre as mulleres.


14 de nov. de 2019

OBRADOIRO CREATIVO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Equipo de Biblioquiroga e " Donas de si" organiza un obradoiro creativo. Creatividade para concienciar da lacra social que vivimos na actualidade.










12 de nov. de 2019

O RECUNCHO DAS DONAS DO DEPORTE, DAS ARTES, DAS LETRAS E DAS CIENCIAS





O noso recuncho xa empeza a coller forma con novas positivas onde a muller é a principal protagonista.
Na biblioteca tes á túa disposición diferentes xornais onde podes buscar noticias positivas sobre mulleres que destaquen nalgún campo, nas artes, nos deportes, nas letras ou nas ciencias...
Cando atopes alguna noticia, recórtaa e colócaa no recuncho, deste xeito todo o alumnado poderá coñecer estas novas.














Novembro, o mes da ciencia


O  10 de novembro é o Día Mundial da Ciencia e dende Donas de Si e Biblioquiroga quixemos  dar a coñecer a 12 mulleres relevantes no mundo das ciencias. Para isto realizaremos coa axuda do alumnado unha exposición de carteis que irán acompañados dos seus  debuxos.
Unha mostra do comezo da exposición:







DEBUXA A TÚA CIENTÍFICA 

Tamén conmemoramos esta data cunha serie de debuxos de diferentes científicas, entre elas a coñecida Marie Curie, a galega Angela Ruíz Robles e outras  contemporáneas coma Jess Wade ou Donna Strickland.  
Velaí unha mostra do traballo do alumnado do IES de Quiroga.











1 de nov. de 2019

SAMAÍN

Un Samaín de medo...!

Este ano tivemos un Samaín moi especial no centro, Traballamos arreo pero ao final pasamos un bo día e librámonos dalgunhas clases.

Previamente o Club de lectura e o Equipo da Biblioteca reuniuse para decorar e ambientar a biblioteca.

Decorando a biblioteca

Tamén fixemos una exposición con diferentes obras de medo e terror.







Para  logo facer un concurso de relatos e de poemas de medo.




 Tamén fixemos as nosas cabazas terroríficas








E decoramos os corredores cuns carteis moi chulos





e o mércores, por fin, baixamos á biblioteca a contar as nosas historias.



O alumnado de 1º da ESO fíxonos pasar moito medo coas súas historias inventadas por eles mesmos.Teñen moito mérito estas mozas e mozos. Acaban de chegar ao instituto e que ben están a traballar…

















Deseguido os de 3º da ESO, en tres grupos, fixeron as súas dramatizacións de historias de medo.Son uns auténticos artistazos. Algunhas delas ata nos fixeron rir... Pero a verdade é que saímos da biblioteca... MOI ARREPIAD@S.