25 de set. de 2025

Galicia sabe amar!

No día de hoxe, levamos a cabo a primeira actividade complementaria co noso alumnado, que  puido disfrutar da experiencia   “Galicia sabe amar”, impulsada por @marxunta e@xuntagalicia

Os/as alumnos/as recibiron unha pequena charla sobre os produtos do mar e a importancia de incorporar estes á nosa dieta. Para rematar a actividades degustaron uns petiscos ben ricos e recibiron un pequeno agasallo. 

Moitas grazas á foodtrucks que nos atendeu!










17 de xuño de 2025

Enquisa Plans Proxecta

 Por favor, cumplimentade as seguintes enquisas o alumnado participante en cada un dos Proxectas:

  • Plan Proxecta Pasaporte solidario (alumnado da ESO)

  • Plan Proxecta Fotografía en curso (alumnado de 3º ESO e 1º Bach)

 LIZAGÓN Á ENQUISA

  • Plan Proxecta Correspondentes xuvenís (alumnado de 

12 de xuño de 2025

Meteoroloxía Fotografía en curso

 Neste proxecto, o alumnado participante de Fotografía en curso, tivo que retratar ao longo do curso imaxes que reflictisen as diferentes meteoroloxías e como isto impacta na paisaxe. Estes son os resultados:












11 de xuño de 2025

Visita alumnado 6º EP CEIP Quiroga e CEIP San Clodio

 Hoxe o alumnado de 6º EP CEIP Quiroga e CEIP San Clodio coñeceu o centro facendo diferentes obadoiros por parte do alumnado voluntario da biblioteca:

Visita a Polos Creativos e elaboración de bolígrafos personalizados.





Exposición fotografía en curso, explicado por parte do alumnado participante de 3º ESO














Elaboración de chapas personalizadas coa axuda das alumnas voluntarias da biblioteca de 1º BACH










6 de xuño de 2025

Conta contos nos coles da contorna!

 Un ano máis, os membros do club de lectura como parte tamén do Plan Proxecta Pasaprte Solidario, visitaron o CEIP de Quiroga e o CEIP de San Clodio para que os/as máis pequenos/as disfrutaran dunhas fermosas lecturas. Aproveitando o Día do Medio Ambiente, varios libros tiveron esa temática, mentres que outros, mostraban a importancia de que debemos respetarnos e aprender a colaborar. Foi moi divertido e significativo! Prometemos voltar o curso que vén! 


SAN CLODIO









QUIROGA