Despois da realización do obradoiro "Malas Herbas" a nosas alumnas, Paula e Noa, entrevistaron a Carol en "Onda Brava", para coñecer algo mellor o seu traballo e a súa traxectoria.
Blog da biblioteca do IES de Quiroga
Despois da realización do obradoiro "Malas Herbas" a nosas alumnas, Paula e Noa, entrevistaron a Carol en "Onda Brava", para coñecer algo mellor o seu traballo e a súa traxectoria.
Biblioquiroga celebrou o Dia da Mullar rural cun obradoiro "Malas Herbas". Carol Martínez deixou Barcelona para vivir ao rural. Transformou a nosa biblioteca nunha botica e ensinounos o poder curativo das plantas. Aproveitando os seus coñecementos, o noso alumnado elaborou a súa propia crema ou bálsamo.
Como cada ano, o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, celébrase o Día das Escritoras, esta celebración ten como obxectivo reivindicar o labor e o legado das mulleres escritoras.
Hoxe, alumnado de 1º de bacharelato, preparou unha actividade para 1º da ESO, a cal consistiu en explicar o funcionamento básico da nosa biblioteca (Biblioquiroga). Naiara, Antía, Noelia e Noemí contáronlles as vantaxes de ser voluntarios/as, así como o xeito no que están organizados os libros e como poden atopalos. Foi unha bonita sesión formativa e de convivencia. Gracias pola vosa axuda!
Comezou o club de lectura! Hoxe, os membros do club xuvenil, tiveron a 1ª reunión para escoller o libro máis adaptado ás súas preferencias! No caso dos adultos, unha vez máis, leremos a Antía Yañez. Neste caso toca “O clan das barbies”. Comezamos! 👏🏻
Con motivo da conmemoración do Ano Castelao, esta mañá visitamos a exposición: Castelao de “Sempre en Galiza” na Casa da Cultura de Quiroga, á cal fomos convidados/as polo Concello.
A continuación, puidemos presenciar a obra “Cousas” a cargo da Compañía 'Os Quinquilláns', cuxa temática principal é a emigración.
Hoxe tivemos a actividade chamada "Benvidos ó galego", na cal Rubén Gutiérrez, "Peitoescuro", visitou o noso centro para falar co alumnado da súa situación persoal. Rubén vivía en Madrid e trasladouse a Galicia. Pouco a pouco foi aprendendo o galego e trasladouno a unha das súas paixóns, a música. Para finalizar, interpretou varios temas do seu repertorio musical. Moitas grazas por vir e facernos pasar un bo rato!