30 de xan. de 2020

A IGUALDADE NON TEN TRUCO


No día de hoxe, 30 de xaneiro no noso centro tivo lugar unha charla-espectáculo,  temática sobre a igualdade, a cargo da maga Sara e do mago Carlos. Unha actividade dinámica, interactiva, que entre outras cousas salientou o papel das mulleres magas na historia. 

A través de este espectáculo intentouse concienciar ao alumnado da igualdade entre os homes e as mulleres e a non violencia na sociedade.





MADE IN GALIZA. UNHA XORNADA NO TEATRO



O día 28 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º da ESO e Bacharelato desprazouse ata o Barco de Valdeorras e no teatro Lauro Olmo tiveron a oportunidade de asistir á montaxe teatral  de carácter cómico e retranqueiro a partir de diferentes investigacións sociolingüísticas e de relatos de Made in Galiza de Sechu Sende. Na obra dous  membros da LP, Language Planning, acaban de chegar a terras galegas coa finalidade de impoñer unha solución definitiva á problemática lingüística. O obxectivo final da actividade foi a de incitar a unha reflexión sobre determinados aspectos relacionados coas actitudes e comportamentos ante a lingua galega con respecto ao alumnado.



A OCA DAS CIENTÍFICAS




O xogo é unha modificación do xogo da oca, o alumnado preparou unhas tarxetiñas con preguntas sobre 12 científicas, que deben ir acertando para poder avanzar polo taboleiro. 
En canto ao taboleiro conten as imaxes das 12 científicas, cos debuxos feitos polo alumnado e tamén imaxes relacionadas coa comarca de Quiroga , como pode ser o albergue, a ponte sobre o Sil, un forno de cal,... 

Presentamos "A Oca das científicas"