27 de nov. de 2019

25 NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES



EXPOSICIÓN CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.


Na entrada do centro, o Equipo da Biblioteca e do proxecta "Donas de si"  realizou unha exposición na que intentou visibilizar as vítimas de violencia deste ano, para así concienciar  ao alumnado desta lacra social que é a violencia machista.




























EXPOSICIÓN DE LIBROS COA TEMÁTICA DA VIOLENCIA DE XÉNERO



Ás 12:30, na entrada do centro,  tivemos unha concentración  en recordo das vítimas de violencia machista e contra  todo tipo de violencia exercida sobre as mulleres.


14 de nov. de 2019

OBRADOIRO CREATIVO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Equipo de Biblioquiroga e " Donas de si" organiza un obradoiro creativo. Creatividade para concienciar da lacra social que vivimos na actualidade.










12 de nov. de 2019

O RECUNCHO DAS DONAS DO DEPORTE, DAS ARTES, DAS LETRAS E DAS CIENCIAS





O noso recuncho xa empeza a coller forma con novas positivas onde a muller é a principal protagonista.
Na biblioteca tes á túa disposición diferentes xornais onde podes buscar noticias positivas sobre mulleres que destaquen nalgún campo, nas artes, nos deportes, nas letras ou nas ciencias...
Cando atopes alguna noticia, recórtaa e colócaa no recuncho, deste xeito todo o alumnado poderá coñecer estas novas.














Novembro, o mes da ciencia


O  10 de novembro é o Día Mundial da Ciencia e dende Donas de Si e Biblioquiroga quixemos  dar a coñecer a 12 mulleres relevantes no mundo das ciencias. Para isto realizaremos coa axuda do alumnado unha exposición de carteis que irán acompañados dos seus  debuxos.
Unha mostra do comezo da exposición:







DEBUXA A TÚA CIENTÍFICA 

Tamén conmemoramos esta data cunha serie de debuxos de diferentes científicas, entre elas a coñecida Marie Curie, a galega Angela Ruíz Robles e outras  contemporáneas coma Jess Wade ou Donna Strickland.  
Velaí unha mostra do traballo do alumnado do IES de Quiroga.











1 de nov. de 2019

SAMAÍN

Un Samaín de medo...!

Este ano tivemos un Samaín moi especial no centro, Traballamos arreo pero ao final pasamos un bo día e librámonos dalgunhas clases.

Previamente o Club de lectura e o Equipo da Biblioteca reuniuse para decorar e ambientar a biblioteca.

Decorando a biblioteca

Tamén fixemos una exposición con diferentes obras de medo e terror.







Para  logo facer un concurso de relatos e de poemas de medo.




 Tamén fixemos as nosas cabazas terroríficas








E decoramos os corredores cuns carteis moi chulos





e o mércores, por fin, baixamos á biblioteca a contar as nosas historias.



O alumnado de 1º da ESO fíxonos pasar moito medo coas súas historias inventadas por eles mesmos.Teñen moito mérito estas mozas e mozos. Acaban de chegar ao instituto e que ben están a traballar…

















Deseguido os de 3º da ESO, en tres grupos, fixeron as súas dramatizacións de historias de medo.Son uns auténticos artistazos. Algunhas delas ata nos fixeron rir... Pero a verdade é que saímos da biblioteca... MOI ARREPIAD@S.