29 de nov. de 2023

A ESMORGA, ROTEIRO LITERARIO E OBRADOIRO DE ESCRITURA MEDIEVAL

 A ESMORGA, ROTEIRO LITERARIO

O 28 de novembro o alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato, acompañados por un guía da Oficina de Turismo de Ourense, a pesar do mal tempo, percorreron os escenarios máis emblemáticos da novela de Eduardo Blanco Amor, A esmorga, leron as placas de cerámica que reproducían fragmentos desta obra.

    
















OBRADOIRO DE ESCRITURA MEDIEVAL 

Pola tarde realizaron unha actividade do Arquivo Histórico Provincial de Ourense que consistía en visitar  unha exposición de documentos históricos e  nun obradoiro de escritura medieval, na que utilizaron unha pluma de ave para escribir un documento sobre a súa liñaxe.



















17 de nov. de 2023

Plan Proxecta- Correspondentes xuvenís 1ª REUNIÓN

 


O venres 17 o alumnado e profesorado participante do Plan Proxecta Correspondentes xuvenís reuníronse para repartir tarefas e organizarse co traballo que teñen por diante. Un grupo encargarase da actualización das redes sociais, outro da búsqueda e selección da información interesante e un último grupo da actualización do taboleiro e difusión da información entre os/as compañeiros/as.





16 de nov. de 2023

Plan Proxecta: Pasaporte solidario- Recollida de cápsulas de café

 

Continuamos co Plan Proxecta: Pasaporte Solidario. 

Recollida de cápsulas de café de todas as marcas para levalas a un punto de recollida e darlles unha segunda vida: o café residual servirá para facer abono e o plástico será reutilizado!

Calquera pode participar, animádevos a axudar, moita xente vos necesita.

Despedimos o trimestre levando todas as cápsulas ao punto de recollida en Monforte de Lemos.

 Moitísimas grazas a alumnado, profesorado e familias pola vosa colaboración.



Plan Proxecta: Pasaporte Solidario - Banco de alimentos

 

Este curso estreamos un novo Plan Proxecta: Pasaporte Solidario. 

En que consiste? En levar a cabo unha serie de actividadas enfocadas a tratar de facer este mundo un chisco mellor e de aportar cada un de nós o noso gran de area.

Comezamos forte coa campaña solidaria: Recollida de alimentos para familias desfavorecidas da provincia de Lugo. Colaboramos co Banco de alimentos de Lugo. 

Calquera pode participar, animádevos a axudar, moita xente vos necesita.

Despedimos o trimestre enviando todos os alimentos recollidos nas últimas semanas ao Banco de Alimentos de Lugo. Estes serán destinados ás familias que máis o necesiten na provincia de Lugo.

Moitísimas grazas a alumnado, familias, profes e persoal non docente do centro que participaron!

Esta iniciativa forma parte do Plan Proxecta Proxecto Solidario e colabora @biblioquiroga 






25 N- Día contra a violencia de xénero

 Crea a túa chapa pola eliminación da violencia de xénero!

Durante toda a semana entre o 20 e o 24 de decembro acudide á biblioteca durante os recreos, fai o teu deseño (debuxo, frase, palabra…) e fai a túa chapa!




Estes foron os marabillosos resultados:








Ademáis, os/as voluntarios/as da biblioteca decorárona e fixeron unha exposición sobre lecturas sobre igualdade.








Por último, o 24 de novembro, o alumnado e profesorado do IES xuntáronse no salón de actos vestidos de negro e violeta para gardar un minuto de silencio polas vítimas de violencia de xénero, escoitaron poemas lidos por parte do alumnado voluntario, visualizaron un vídeo cos últimos datos sobre a violencia de xénero en España e a escoitaron a canción Salir Corriendo de Amaral, interpretada pola banda do instituto.