22 de xuño de 2021

ENTREGA DE AGASALLOS E DE PREMIOS DOS DIFERENTES CONCURSOS

 Rematamos este curso entregando os agasallos aos colaboradores da biblioteca e ao Club de Lectura, e por suposto os premios dos diferentes concursos




















AGASALLOS DO CLUB DE LECTURA



CONCURSO "CREANDO POEMAS"


CONCURSO " LOGO"



CONCURSO "BOOKFACE"


CONCURSO "ADIVIÑA A PERSONAXE"



RECOMENDACIÓNS LECTORAS. VERÁN 2021

 

Presentamos o noso Biblioboletín cargado de recomendacións lectoras  para amenizar  este verán e un resumo das últimas actividades realizadas no noso centro.

Durante todo o mes de xuño e xullo podedes levar emprestados libros. Podedes consultar os fondos da biblioteca entrando en http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=LED034














21 de xuño de 2021

CONCURSO DE HAÏKU

 A comisión de EUROPA DO OESTE (CEO) e a FIPF ( Fédération International de Professeur de Français) organizou un concurso de poemas xaponeses :"Concours Haïku version internationale".

O concurso consisitía en escribir unhaïu de forma creativa e artíistica.

O alumnado de francés e a súa profesora decidiron participar neste concurso nos diferentes niveis, sendo agraciado con 3º premio no nivel A1 o alumno de 2º de ESO, Ignacio Gozalez Gómez e na categoría de Profesorado, o 1º premio recaíu na profesora de francés do IES de Quiroga.












O NOSO GAÑADOR





17 de xuño de 2021

XOGO DE PISTAS POLO CENTRO ESCOLAR

Esta  actividade  de Educación Física presentouse como unha iniciación á orientación de forma lúdica e implicando a todos os Departamentos para facer un repaso do aprendido neste curso.
A actividade tivo unha duración de dúas sesións, aproveitando a primeira delas para amosarlle ao alumnado un plano do centro e un mapa do exterior (patio, pavillón...) e para explicala detidamente.
 O xogo tivo lugar na segunda sesión, comezou no pavillón que era o punto de referencia.
 Unha vez establecidos os equipos, dábaselles a cada un deles o mapa visto na sesión anterior pero nesta ocasión baleiro, soamente cun número cuberto nalgún lugar do mapa. Os/as alumn@s tiñan que determinar de que lugar do instituto se trataba (biblioteca, sala de xogos, ximnasio, patio, salón de actos, aula de plástica) e dirixirse alí (correndo ou camiñando).


Unha vez alí tiñan que atopar un sobre que estaba agochado e que contiña tres preguntas das diferentes materias (matemáticas, linguas galega, castelá, francesa e inglesa, bioloxía, física, historia, debuxo, tecnoloxía, música, educación física ...) sobre o traballado este curso. Os estudantes escribían as respostas nun folio e deixaban novamente o sobre no lugar correspondente para que o seguinte grupo puidese atopalo. (Todos os equipos tiñan os mesmos lugares, sobres e preguntas pero en diferente orden). Respondidas as preguntas, colocábaselles no mapa o segundo lugar ao que tiñan que dirirxirse, e así sucesivamente. O equipo  que atopaba todos os sobres, respondía correctamente a todas as preguntas e facía  ben as probas era o gañador/a.


Esta actividade realizouse con todos os cursos da ESO e con 1º de bacharelato. Todo o alumnado implicouse e traballou en equipo, ademais de pasalo ben, moverse e aplicar o aprendido.

  







 




11 de xuño de 2021

Lectura teatralizada de "El Caballero de Olmedo"

 El Departamento de Lengua y Literatura Castellana aprovechando el buen tiempo y la lectura correspondiente a la tercera evaluación, ha salido al patio  a realizar una lectura teatralizada de la obra de Lope de Vega  "El Caballero de Olmedo" con parte del alumnado de 3º de ESO. Con esta obra se pretende acercar el Teatro Barroco (estudiado en clase) a nuestro alumnado e intentar fomentar el gusto por los clásicos y el género teatral.






3 de xuño de 2021

ENQUISA BIBLIOTECAS ESCOLARES

Chegado o final deste curso escolar, pedímosvos a vosa axuda para poder valorar o funcionamento da biblioteca do IES de Quiroga, co obxectivo de poder mellorar, para elo necesitamos a vosa opinión. Pedimosvos que cubrades a seguinte enquisa, para iso premede na imaxe. Moitas grazas pola vosa colaboración.