27 de feb. de 2024

Entrega de premios do entroido!

Hoxe, na biblioteca do IES, fixemos entrega dos vales regalo ó alumnado que obtivo premio no concurso de disfraces. 




26 de feb. de 2024

MAQUETAS CICLO DA AUGA

 Que mellor forma de explicar o ciclo da auga que cunha maqueta!

Este proxecto foi realizado polo alumnado de 1º de ESO, na materia de bioloxía-xeoloxía.

Mostraron moita imaxinación e paciencia para explicar os pasos e os estados da auga.

No corredor do 1º piso podedes ver a exposición do seus traballos, ata finais deste mes de febreiro.


MAQUETAS REALIZADAS POLO ALUMNADO DE 1º DE ESO






25 de feb. de 2024

UNHA FLOR POLO DÍA DE ROSALÍA

O día 23 de febreiro de 1837 nacía a nosa escritora màis coñecida, Rosalía de Castro e para rendirlle homenaxe  o equipo da Biblioteca e os Voluntarios e as Voluntarias da biblioteca, decidiron preparar unhas flores para agasallar a toda comunidade educativa.
























 Exposición realizada polo alumnado voluntario da biblioteca.







16 de feb. de 2024

Charla Dr Manuel Isorna: Adiccións con e sen substancia: claves para entender e educar desde a familia na era dixital

 


Nas últimas décadas, as sociedades occidentais experimentaron uns cambios tan acelerados que moitos pais, nais e educadores vémonos desbordados polos novos retos e desafíos que conleva a educación dos nosos fillos. O uso de móbiles, Internet, videoxogos e redes sociais, así como o consumo intensivo de alcol, cánnabis, o fenómeno do vapeo e a proliferación de novas substancias psicoactivas, configuran un panorama sumamente incerto e complexo que require unha profunda reflexión colectiva. A miúdo cuestionamos as posibles motivacións dos nosos fillos adolescentes para participar nestes comportamentos e prácticas de risco, pero igualmente importante é examinar as deficiencias que poden existir en moitas das familias. Con moita. A miudo solemos poñer o foco nos adolescentes de maneira automática, pero en menor medida non solemos examinar os posibles erros cometidos polas familias, polos propios centros educativos e institucións. É esencial comprender que se trata dunha responsabilidade compartida, onde familias e centros educativos deben colaborar de maneira conxunta e orientada cara a un obxectivo común. O profesor da Universidade de Vigo, Manuel Isorna Folgar, experto en prevención escolar e comunitaria e investigador compartirá abertamente as súas reflexións nun esforzo por identificar algunhas claves para comprender e previr estes desafíos desde o ámbito familiar.

5 de feb. de 2024

Día da Muller e a Nena na Ciencia.



A biblioteca escolar e o departamento de Tecnoloxía organizan polo Día Internacional da muller e a nena na ciencia a participación nas actividades do MUNCYT, "DIRECTO 11M".
 
Esta actividade consiste nunha serie de charlas online que serán impartidas por catro enxeñeiras informáticas, como mostra da relevancia de mulleres neste ámbito. As expertas falarán sobre a investigación que levan a cabo no ámbito da intelixencia artificial para motivar ao alumnado nas vocacións científico- tecnolóxicas.


 














O voluntariado da biblioteca seleccionou unha serie de libros nos que as  protagonistas son mulleres relacionadas coa ciencia.





2 de feb. de 2024

Nova reunión Club de lectura 2º trimestre!




Neste trimestre os libros que leremos no Club de lectura serán:
- Xoaniña de deus de @albaguzzman 
- Un elefante na sala de estar de @berta_davila 
- O caso do falso accidente de @jordisierraifabra_oficial 

Pola súa banda o club de lectura manga lerá El profundo azul del cielo de Marco Kohinata

E o club de lectura de adultos lerá A trenza de Laetitia Colonbani.

Os libros xa están dispoñibles na biblioteca!









1 de feb. de 2024

Debuxar a paz, tivo premio!



Expresar a paz nun debuxo, non sempre é doado. Para o noso alumnado, foi tarefa sinxela. Seguide sempre plasmando as vosas ideas!