27 de xuño de 2018

A "nosa" biblioteca

Rematou o curso, ficou o corredor da planta baixa baleiro nos recreos... pero non sen rastro do alumnado, pois alí quedou a biblioteca interactiva que fomos enchendo todos os lectores e lectoras deste centro educativo, aos poucos, colocando cadanseu libro. Aquí tedes o resultado final desta xeira:



O lombo seleccionado como gañador de entre todos os elaborados -algúns de moitísima calidade, como veredes na imaxe- foi "Rêves amers", de Emma Casanova, alumna de 3º da ESO. Parabéns!
Moitas grazas a todas e todos por participardes nesta actividade tan creativa!


19 de xuño de 2018

As que pasean máis libros de biblioquiroga

Hoxe unha pequena representación do alumnado que participou na redacción do noso xornal anual "O Eco do Val" desprazouse a Lugo, ata a sede de El Progreso, para recoller os premios que conseguiu en Escola de Prensa. A edición de "O Eco do Val" deste curso está a piques de saír do prelo, enseguidiña o teredes nas mans...



Estas son as nosas gañadoras este ano en canto ao número de préstamos da biblioteca: Elianny Burgos (2º BAC), Cristina García (1º ESO), Emma Casanova (3º ESO), Emily González (1º BAC) e Claudia Jiménez (1º BAC).
A ver se atopamos un oco neste vertixe de fin de curso para facer a entrega de premios...

E aínda hai máis de Abril de libros, maio de letras

Pois si, fóisenos acumulando o choio, pero todo vai saíndo.
Aquí tedes como vai enchéndose a nosa biblioteca virtual coas propostas do alumnado, e os carteis elaborados polo alumnado de Plástica de distintos niveis, en relación coa película de García Berlanga, El verdugo (nestes días vótase o mellor). Tamén queda aquí o enlace ao tríptico informativo da biblioteca, que foi actualizado este curso.





11 de xuño de 2018

Remate de Abril de libros, maio de letras (II)

E tamén houbo visitas moi do mundo das letras...
Pilar García Negro falounos de Rosalía de Castro

África Sánchez fixo un obradoiro poético

Uxío Breogán Diéguez estivo para falar da memoria histórica
Selecta de Marilar Aleixandre, que tivo un encontro cos membros do Club de Lectura
(máis información no blog de Libromanía)

Remate de Abril de libros, maio de letras

Algúns exemplos do que houbo este curso nesta proposta de conmemoración conxunta do Día do Libro e do Día das Letras:
A montaxe da Biblioteca interactiva, cos lombos dos libros elaborados polo alumnado









Fiches des écrivaines francophones





A proposta "Cada ovella coa súa parella", consistía en descubrir a que obra clásica da literatura pertencía un pequeno texto...











E atopamos un oco para María Victoria Moreno e a súa obra, por suposto: