24 de xan. de 2024

EduReferentes- Charla e Obradoiro

O alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de formar parte do programa EduReferentes. Por unha banda, coñeceron a Dolores Fernández Galiño, xuiza e actual valedora do pobo e a María del Mar Barcón Sánchez, Responsable Sanitaria na Clínica Segrelles e exDiputada. Ambas faláronlles dos seus empregos e como chegaron ata aí, da importancia de ter unha formación continua ao longo da súa vida e de que tomen acción na vida política (asociacións, voto, no propio centro…).

Po outra banda, no obradoiro traballaron que son as habilidades brandas, como identificar os nosos propios talentos e como desenvolver a nosa creatividade.

Dentro de pouco continuaremos coas mentorías individualizadas!







23 de xan. de 2024

NON CHAPES OS TEUS EXAMES DEBÚXAOS. OBRADOIRO VISUAL DE "THINKING"

 Para conmemorar o Día da Ilustración, o pasado 19 de xaneiro a biblioteca organizou un obradoiro de "visual thinking". A ilustradora Cristina Bravo comezou cunha breve introdución ao "visual thinking", á representación visual e ao concepto de mapa visual, para continuar coa creación dunha pequena biblioteca visual básica de recursos á que o alumnado poderá recorrer para as súas creacións e posteriormente realizou unha práctica visual-resumen para repasar e estudar os seus exames, para rematar co visionado dos resultados.
















Exposición de libros ilustrados realizada  polo voluntariado da biblioteca.







16 de xan. de 2024

23 de febreiro Día de Rosalía- Concurso de vídeo- poemas

 



Video-poema de ANA MATEO de Rosalía de Castro, Follas Novas





9 febreiro Entroido- Concurso de disfraces

 


Aquí vos deixamos un resumo do entroido 2024 do IES de Quiroga



1º PREMIO: "A clase de papel"



2º PREMIO: "A que se aveciña"


3º PREMIO:" Piratas"




O NOSO XURADO


MÁIS DISFRACES PARA CELEBRAR O ENTROIDO





















30 xaneiro Día da Paz- Concurso de debuxo "Liberdade"

 


Xa van chegando os primeiros debuxos...!
1º PREMIO
"Paz entre dos mundos"


2º PREMIO

"Boyed"

 

O voluntariado da biblioteca prepara a súa exposición sobre a PAZ, con libros e imaxes de premios Nobel da Paz.














2 de xan. de 2024

Encontro literario con María Oruña

  No nadal tampouco para a lectura! Por iso nos achegamos ata Monforte á presentación do último libro de María Oruña.

Contounos como é o seu proceso creativo, como se organiza, como escribiu “O souto dos catro ventos” e adiantounos detalles da última entrega “Los inocentes”.

Por último asinou algúns exemplares da nosa biblioteca!