24 de abr. de 2019

23 de abril "Día Mundial do Libro"


Biblioquiroga realizou este martes diversas actividades para conmemorar o Día Mundial do Libro. Unha  foi a lectura do “Quixote” en varios idiomas: galego, castelán, portugués, francés, inglés, chinés, alemán, ruso, italiano e latín. Agradecemos a colaboración do alumnado e do profesorado que participou nesta lectura, xa que sen a súa participación esta actividade non podería realizarse.






No seguinte enlace tedes o vídeo da lectura do "Quixote"





Por outra banda, na entrada do centro fíxose un mural no que se explicaba a orixe desta conmemoración e expoñíanse diferentes poemas, frases, citas de varios autores e autoras, invitando á comunidade educativa a completar este mural con outras citas, poesía, marcapaxinas ...







Outras das actividades realizadas no Mes do Libro foi a asistencia, da maior parte do alumnado do centro, a unha representación teatral "Luces de Bohemia" de Ramón del Valle-Inclán,  na cidade de Ourense.

 












14 de abr. de 2019

BOLETÍN DE BIBLIOQUIROGA ABRIL 2019

Presentamos o Biblioboletín do mes de abril no que resumimos as actividades realizadas por Biblioquiroga e Libromanía.

Neste boletín podedes encontrar as novidades de Biblioquiroga e a súas recomendacións lectoras.
Desfrutade destas vacacións na compañía dalgunha destas recomendacións.
Boas vacacións!



12 de abr. de 2019

8 DE ABRIL "DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO"


Biblioquiroga e a comunidade educativa do IES de Quiroga conmemora o "Día Internacional do Pobo Xitano", para iso realizouse un mural no que se mostra una pequena explicación da súa historia e dos seus símbolos.

O Día Internacional do Pobo Xitano conmemórase o 8 de abril xa que ese mesmo día do ano 1971 celebrouse en Londres o Primeiro Congreso Mundial Romaní/Xitano que congregou a gran parte de representantes de todos os xitanos do mundo. Entre os acordos acadados, destacou a institución da bandeira e o himno do pobo xitano.





A BANDEIRA XITANA
“A bandeira xitana está composta por una franxa azul e outra verde cunha roda vermella  no centro.
v Azul coma o ceo que foi o seu teito.
v Verde coma a herba, que foi o seu leito.
v E por último a roda, igual que a bandeira da India, en recordo os seus orixes, que os levou polo mundo adiante, é dese color en recordo do sangue derramado ao longo das numerosas persecucións.Expresa o desexo dun mundo sen fronteiras e simboliza o camiño dende a India e a liberdade. 

O HIMNO XITANO
O himno internacional xitano “Gelemgelem”(Anduve, anduve), compúxoo o “romá” iugoslavo Jarko Jovanovic a partir dunha canción popular xitana dos países da Europa do leste. Os seus versos están inspirados nos xitanos recluídos nos campos de concentración nazis durante a Segunda Guerra Mundial.
O RECOÑECEMENTO COMO POBO
En febreiro de 1977 as Nacións Unidas outorgaron ao pobo xitano mundial o estatuto de pobo sen territorio
CERIMONIA DO RÍO
O 8 de abril  persoas xitanas de todo o mundo botan pétalos de rosas ás augas dos ríos, simbolizando os moitos séculos de itinerancia co que o pobo xitano percorreu o mundo. E acenderán as candeas que recordan aos miles de xitanos e xitanas vítimas do holocausto nazi.

A LINGUA  ROMANÓ OU ROMANÍ
A lingua falada polos xitanos coñécese como Romaní ou Romanó, encóntrase estreitamente relacionado co sánscrito, lingua das que derivan as linguas indo-arias modernas. O romanó realizouse paralelamente coas linguas irmás faladas na India no século XI. Os antepasados abandonan a India e a lingua romanó foi influenciada por outras linguas (persa, armenio, grego bizantino, o antigo eslavo e o rumano
LINGUA “CALÓ”

O caló é unha lingua mixta que xurdiu do contacto entre o español eo romanó ao longo dos últimos seis séculos. O caló, en un proceso absolutamente natural e común en todas as situacións de linguas en contacto, ha tomado a estrutura gramatical do español e sobre ela engadiuse o  vocabulario romanó. A maior parte do léxico caló ten unha orixe etimolóxica caló, aínda que teñen algúns prestamos doutras linguas. O caló é unha creación colectiva dos xitanos españois. 




 

1 de abr. de 2019

DÍA DAS ARTES GALEGAS. LUIS SEOANE



O día 1 de abril celebrouse o Día das Artes Galegas, recordando o homenaxeado Luis Seoane. Para elo fixemos unha pequeña exposición nos corredores do noso centro, clasificando a súa obra en diferentes apartados:
1. Luis Seoane e a cultura popular galega.
2. Luis Seoane e a figura feminina.
3. Luis Seoane, ilustrador de libros.
4. Diferentes personalidades vistas por Luis Seoane.























No seguinte enlace podedes ver o resumo dos traballo realizado polo alumnado  de 1º da ESO


DÍA DAS ARTES GALEGAS. LUIS SEOANE


VERSOS EN FEMININO

O día 21 de marzo celebramos o día da Poesía. Co gallo desta celebración realizamos diversas actividades.
Unha exposición de imaxes e poesías de diferentes poetisas galegas acompañada da exposición dalgunha das súas obras.















O alumnado do club de lectura realizou un recital POÉTICO



ENTROIDO

Este ano durante o ENTROIDO Biblioquiroga tivo un bibliotecario moi especial.



Para conmemorar o Entroido realizamos diversas actividades:
Concurso de disfraces literarios.  Este ano os/as gañadores /as foron o alumnado de 1º de Bacharelato coa súa particular representación  de "Cyrano de Bergerac"

E finalmente os corredores do instituto  foron decorados cunha pequena exposición de diferentes personaxes do ENTROIDO galego.