21 de abr. de 2020

DIA MUNDIAL DO LIBRO. UNIDOS POLA LECTURA


LECTURAS DA  COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES DE QUIROGA


O día 23 de abril celébrase o Día Mundia do Libro e este ano imos facelo desde o confinamento, e Biblioquiroga proponvos que enviedes un video duns minutos de duración  no que leades un breve fragmento do libro que vos está a acompañar nesta corentena, simplemente tedes que mostrar  o título e o autor e por suposto a  vosa voz lendo.

Xa temos os nosos primeiros videos-lecturas


Natalia Álvarez Díaz lenos un fragmento do "Principiño " de  Antoine de Saint-Exupéry


  Nadira Robledo Rodríguez  deléitanos cun fragmento de "Olga de Papel. El viaje extraordinario" de  Elisabetta Gnone


E aquí temos o video que nos manda Ignacio González Gómez "La Guerra Civil contada a los jóvenes" de Arturo Pérez-Reverte


A profesora de inglés, Tania Merayo lenos un fragmento de "Morir bajo tu cielo" de Juan Manuel de Prada.

Paula Martínez, profesora de castelán, lenos un conto de Jorge Bucay, "Ilusión", Cuentos para pensar.

17 de abr. de 2020

XORNAL "O PAPAGAIO"



Debido á situación actual, o Papagaio deste mes de abril non pode chegar á nosa biblioteca,  pero imos poder desfrutar da versión dixital.

Descárgaa e lela na casa.


Neste enlace podedes ler otros números do xornal "O Papagaio" en formato dixital.

10 de abr. de 2020

AMENIZANDO A CORENTENA

 Diferentes editoriais e bibliotecas ofrécennos a posibilidade de seguir gozando da lectura des de as  nosas casas
  1. A herdanza do Marqués, Conchi Regueiro 
  2. Diario dunha Noiteboa, Manuel Jacobo González Outes.
  3. LILIPUT, Manuel Lugrís Rodríguez..ç
  4. Boa sorte, María Solar
  5. Moko, Cristina Sáez Cazallas.

3 de abr. de 2020

CONCURSO BOOKFACE (DÍA DO LIBRO)

Como proposta para celebrar o Día do Libro e para amenizar estes días, o equipo de Biblioquiroga propón un novo pasatempo, un concurso moi divertido, "concurso BOOKFACE"


Esperamos  as vosas fotos, ANIMÁDEVOS!!!!!

SERÁ DIVERTIDO!!

DÍA DAS ARTES GALEGAS




Cartel  da Real Academia Galega de Belas Artes



Este ano, o Día das Artes Galegas foi adicado ao arquitecto  Domingo Antonio de Andrade (Cee, 1639-Santiago de Compostela, 1712).
 Estudou na facultade de Artes da Universidade de Santiago de Compostela.
No ano 1669 foi o Aparellador Maior da catedral de Santiago e en 1676 foi nomeado Mestre de Obras.
A súa actividade céntrase na capital galega e noutras localidades galegas.
Obras:
  • A Torre do Reloxo ou Berenguela.


  • O Pórtico Real da Quintana


  • A escaleira de caracol do convento San Domingos de Bonaval


  • A casa da Parra


  • A casa da Conga



BIBLIOBOLETÍN DE PRIMAVERA



Como cada trimestre aquí tedes o noso Biblioboletín, cheo de novidades, recomendacións lectoras e o resumen das actividadades realizadas.