21 abr 2020

DIA MUNDIAL DO LIBRO. UNIDOS POLA LECTURA


LECTURAS DA  COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES DE QUIROGA


O día 23 de abril celébrase o Día Mundia do Libro e este ano imos facelo desde o confinamento, e Biblioquiroga proponvos que enviedes un video duns minutos de duración  no que leades un breve fragmento do libro que vos está a acompañar nesta corentena, simplemente tedes que mostrar  o título e o autor e por suposto a  vosa voz lendo.

Xa temos os nosos primeiros videos-lecturas


Natalia Álvarez Díaz lenos un fragmento do "Principiño " de  Antoine de Saint-Exupéry


  Nadira Robledo Rodríguez  deléitanos cun fragmento de "Olga de Papel. El viaje extraordinario" de  Elisabetta Gnone


E aquí temos o video que nos manda Ignacio González Gómez "La Guerra Civil contada a los jóvenes" de Arturo Pérez-Reverte


A profesora de inglés, Tania Merayo lenos un fragmento de "Morir bajo tu cielo" de Juan Manuel de Prada.

Paula Martínez, profesora de castelán, lenos un conto de Jorge Bucay, "Ilusión", Cuentos para pensar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario