22 de feb. de 2019

Conmemoración do día de Rosalía de Castro


O día 24 de febreiro conmemórase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, para isto Biblioquiroga realizou diversas actividades.

homenaxe de Rosalía comezou cun concerto de Uxía Senlle, pero  previamente o alumnado do Club de lectura "Libromanía" entrevistou a Uxía.


















Aquí vos deixo o enlace a esta entrevista tan interesante

Entrevista a Uxía Senlle

E por fin chegou o concerto do que disfrutamos enormemente. 
Uxía canta a Rosalía e a Uxío

O día 22 tivemos un encontró coa poetisa  Celia Parra, "Poesía e redes sociais". Unha breve presentación da poeta deu paso a un recital audiovisual de varios poemas do seu libro "Pantallas", seguido dunha pequeña charla sobre poesía nas redes sociais y finalmente a proxección de varios videopoemas da poetisa e doutros poetas que publican nas redes sociais Instagram.







E como sempre, no corredor da primeira pranta tedes unha pequena exposición da obra de Rosalía e un mural con distintas imaxes e poemas do alumnado do centro.




12 de feb. de 2019

UXÍA SENLLE



Para conmemorar o mes de ROSALÍABiblioquiroga ten o pracer de ofrecer este venres 15, a actuación musical de UXÍA SENLLE.

A cantautora compartirá connosco unha selección de  temas do seu disco "Rosalía pequeniña" no que lle pon música e voz a varios poemas de Rosalía

 e do seu disco "Uxía-o" no que canta os versos do poeta do Courel.




NON VOLO PERDADES!!!!!     AGARDÁMOSVOS!!!!!






MULLERES GALEGAS NA HISTORIA E NA ACTUALIDADE


ADIVIÑA A PERSONAXE INCÓGNITA!!!!!!



Biblioquiroga en colaboración co Proxecta "Donas de si" realiza un concurso semanal, que consiste en adiviñar o nome dunha muller galega relevante nalgún ámbito do saber, da cultura e do deporte.
Cada día deixaremos unha pista na cortiza do corredor, ata completar cinco pistas. Na  biblioteca teredes unha folla para completar coa solución e unha furna para depositala.




O luns seguinte daremos a solución e aparecerá outra personaxe. 

O obxectivo é adiviñar o maior número de personaxes cada trimestre.



5 de feb. de 2019

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA




O día 30 de xaneiro, Biblioquiroga realizou diversas actividades para conmemorar o "Día da Paz e a Non Violencia".
  • Un concurso de "haikus ilustrados pola PAZ". Para celebrar este día o alumnado do centro tivo a oportunidade de participar nun concurso de creatividade literaria, facendo un haiku ilustrado. Xunto á exposición dos haikus do noso alumnado, realizou unha exposición de "libros pola PAZ"

  •  A árbore da PAZ: o alumnado que forma parte do equipo de Biblioquiroga realizou unha silueta dunha árbore que colocamos nas escaleiras e na que a comunidade educativa foi colocando follas con mensaxes de Paz.




  • Biblioquiroga en colaboración co Proxecta "Donas de si" realizou un mural sobre "Mulleres premio NOBEL Da Paz"