30 de abr. de 2022

DIA DAS RAPAZAS NAS TICS

Non sabedes o que é o Día Internacional das Rapazas nas TIC?

 É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.

O día 28 de abril de 2022 celebrarase o Día Internacional das rapazas nas TIC,  e dende o IES de Quiroga celebrarémolo asistindo a unha videoconferencia  do Centro de Supercomputación de Galicia! A actividade foi organizada por Belen Armesto dende o proxecta "Rapazas emprendedoras nas Tics".

A actividade consistíu  nun coloquio mediante multiconferencia web na que participaron 4 profesionais galegas que contaron, dun xeito ameno e polo miúdo a súa traxectoria, no que traballan, e o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de tod@s. Dende os centros, as rapazas e rapaces de primaria e secundaria podían enviar as súas preguntas e inquedanzas en directo para poder ter ese diálogo directo con elas.


Pódese consultar máis informanción: https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/







27 de abr. de 2022

VISITA A PENAFURADA

A profesora Beatriz López do departamento de Bioloxía do IES de Quiroga organizou unha excursión a Penafurada co alumnado de 1º da ESO. O martes 26 de abril o alumnado acudía ao Tunel Romana de Penafurada, un túnel excavado na roca, na época dos romanos, para levar auga as explotacións mineiras. Acompañados do guía Guillermo Díaz Aira, ao cal dende o Centro lle agrademos a realización desta actividade,  recoñecían tamén no lugar a flora e a fauna características da comarca.
























26 de abr. de 2022

DIA DO LIBRO

 Biblioquiroga para conmemorar esta data, o 25 de abril agasallou ao alumnado que se acercaba pola biblioteca do centro con algunha lambonada.







22 de abr. de 2022

DANO CEREBRAL ADQUIRIDO

 O 21 de abril Leticia Vila da asociación  FEGADACE, impartíu uhna  charla de sensibilización e prevención do dano cerebral adquirido e os accidentes de tráfico,  co título “O importante é chegar ben" ao alumnado de 4ºESO e 1º e 2º de bacharelato.

O obxectivo de FEGADACE é a  sensibilización e concienciación social sobre as causas, consecuencias, factores de risco, dimensión social e todo o relacionado co dano cerebral (DCA), primeira causa de discapacidade adquirida en poboación adulta no noso país. 

Entre outros ámbitos, a asociación traballa na  prevención, mediante a formación, a información, sensibilización e divulgación con diferentes colectivos e grupos poboacionais, desenvolvendo accións como campañas, sesións informativas, exposicións, proxeccións de materiais audiovisuais, formacións continuas, etc.  para estender o coñecemento social de todo o relacionado co DCA así como das implicacións (sanitarias, sociais, económicas, etc.) que este conleva para a persoa con dano cerebral, a súa familia e tamén a súa contorna.







21 de abr. de 2022

CHARLAS PROGRAMA A PONTE

 


No marco do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, leváronse a cabo no IES de Quiroga catro Charlas Temáticas ao longo deste curso.


Abriu o ciclo o día 2 de febreiro o doutor en Lingüística Miguel González Pereira, profesor na Facultade de Humanidades do campus de Lugo, que impartiu a charla “Diversidade lingüística e comunicación intercultural”. Foron cincuenta minutos de información amena na que achegou aos rapaces curiosidades lingüísticas, como a posibilidades de contar as linguas do mundo atendendo a diferentes criterios, o que permite falar de entre 1000 e 7000 linguas (case nada!), ou as diferenzas existentes nos actos comunicativos en función de factores culturais (saúdos, agradecementos…). Fixo fincapé, asimesmo, na universalidade da linguaxe e na xestión da imaxe pública que ofrecemos cos nosos actos comunicativos. Finalmente, presentou ao alumnado o novedoso e actual Grao en Xestión Cultural.


O 30 de marzo visitou o centro o Dr. Israel Sanmartín Barros, profesor na facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, coa charla “A Idade Media e o cómic”. Nela presentou a historia do cómic e como este soporte literario da pé ao estudo da representación actual da Idade Media. Dende El guerrero del antifaz a La espada de San Eufrasio, repasou esta temática que segue invadindo o noso tempo de lecer e destacou a relevancia que os estudos desde xénero están a ter na investigación universitaria, onde xa constitúe eixe vertebrador de congresos e teses doutorais (como a da hispanista francesa Isabelle Touton).


O seis de abril, a doutora María José Alonso Veloso, profesora na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, presentou “O obradoiro do filólogo e a conservación do patrimonio literario”, charla na que o alumnado puido coñecer algúns dos problemas cos que se atopan os editores de textos antigos á hora de fixar e anotar as composicións, moitas veces deturpadas ben polo paso do tempo, ben polo paso dos copistas.  Esta é unha rama da investigación filolóxica que permite conservar a literatura escrita e comprender o legado que, dun ou doutro xeito, forma parte da nosa cultura e, consecuentemente, do noso ser.



Pechamos o ciclo o 20 de abril, con “Que é a gramática?”, conferencia impartida polo doutor Francisco Dubert García, profesor na Facultade de Filoloxía de Santiago. De xeito dinámico, con moitos exemplos e contando coa participación do alumnado, Dubert ofreceulles ferramentas para reflexionar sobre os distintos sistemas gramaticais das linguas. Quen sabe se aflorará alguna vocación filolóxica! 



MAPAS DIVERTIDOS

  O proxecto "Mapas Divertidos", é unha colaboración entre Tysgal Consultores e o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela co obxectivo de achegar a cartografía ao alumnado de 1º e 2º da ESO.

O 20 de abril achegaronse ao IES de Quiroga para realizar un obradoiro que se dividiu en 3 partes: primeiro, unha breve charla sobre a carreira de xeografía na USC, segundo, unha introdución aos mapas e, terceiro, actividades para que o alumnado descubra de forma práctica distintas aplicacións da cartografía.

 Pódese consultar máis información no seu blog: https://mapasdivertidos2021.wordpress.com/







20 de abr. de 2022

III CONCURSO DE BOOKFACE (Día do libro)

 Para celebrar o Día do Libro Biblioquiroga propón a terceira edición do concurso de Bookface.



ANÍMATE E PARTICIPA!!!


Xa chegan os vosos "bookface"!!!! Moita creatividade nas vosas fotografías.

































14 de abr. de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS. BIBLIOBOLETÍN DE PRIMAVERA.

 O biblioboletín desta primavera vai cargado de novidades lectoras, para que vaiades pensando que ler. Ademais contén un resumo das actividades levadas a cabo no IES de Quiroga durante este primeiro trimestre do ano 2022.