24 de feb. de 2020

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



No IES de Quiroga conmemoramos o Día de Rosalía cun mural realizado polo alumnado que traballou  e ilustrou diferentes poemas da nosa autora.













































Biblioquiroga realizou unha exposición coas obras e textos máis representativos de Rosalía de Castro






DÍA DA AMIZADE E DO AMOR. SAN VALENTÍN


O venres, 24 de febreiro celebramos o día da amizade e do  amor , cunha exposición de libros con esta temática.






















































O Equipo da Biblioteca en colaboración co alumnado colaborador realizou un obradoiro de marcapáxinas.







5 de feb. de 2020

A TÚA BANDA DESEÑADA LILA



Para conmemorar o Día da Ilustración, Biblioquiroga e Donas de Si programaron un Obradoiro de ilustración e banda deseñada coa ilustradora Idoia de Luxán Vázquez que  propuxo  ao alumnado participante, a creación dunha banda deseñada con personaxes que desafiasen a discriminación por xénero, o machismo, o maltrato.







2 de feb. de 2020

DÍA DA ILUSTRACIÓN




O 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).





Cartel da ilustradora coruñesa XULIA PISÓN.



DÍA DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ


O 30 de xaneiro celebramos O Día Escolar da Non-Violencia e da Paz, esta conmemoración foi fundada en 1964 polo poeta e pacifista Llorenç Vidal, e conmemórase a morte de Mahatma Gandhi, asasinado a tiros por un fanático hinduísta.

A nosa biblioteca  realizou unha exposición de libros con esa temática. Na parte superior da exposición,  o alumnado deseñou  tarxetas coa palabra  PAZ en diferentes linguas. E na parte inferior decorou outras con  lemas e frases de personaxes famosos.