25 de mar. de 2024
Limpeza da beira do “Río Quiroga”
Árbores autóctonas para os nosos montes!
O alumnado de 1º e 2º da ESO subiu ata “A Conchada” para levar a cabo unha plantación de árbores autóctonas, sendo neste caso carballos e castiñeiros. Foi unha actividade levada a cabo en base ó plan proxecta de Pasaporte Solidario no que estamos inmersos e en colaboración co Concello de Quiroga.
22 de mar. de 2024
Reunión Club de Lectura adultos
As participantes do club de lectura reuníronse para falar sobre o libro A trenza. Esta obra relata a vida de tres. Mulleres en tres puntos diferentes so planeta e con vidas completamente diferentes: a India, Sicilia e Canadá. Cada unha delas loita por facerse un oco nun mundo no que ser muller non é tarea fácil e onde ao final do libro as tres historias entrelázanse como unha trenza.
21 de mar. de 2024
DÍA MUNDIAL DA POESÍA.
O Día Mundial da Poesía é celebrado cada ano o 21 de marzo e para conmemorar este día o alumnado de 1º de ESO compuxo acrósticos na clase de Lingua Castelá. Despois escribiu en cartolinas tanto eses poemas coma outros de escritores recoñecidos (Bécquer, Juan Ramón Jiménez, Gil de Biedma, Gloria Fuertes ...) e ilustráronos. Cos seus traballos fíxose unha exposición a carón da biblioteca.
Ademais os voluntarios e as voluntarias da biblioteca realizaron uns vídeos moi creativos nos que recitaban poemas de autoras galegas.
Poema de Luísa Villalta recitado por Nadira.
21 marzo- Día do Síndrome de Down
Hoxe e como cada 21 de marzo é o Día Internacional do Síndrome de Down. Para celebralo contamos na Radio do IES de Quiroga “Onda Brava” con Ledicia cunha alumna de 2º da ESO que ten Síndrome de Down e con Jose, mestre de pedagoxía terapéutica en Down Ourense. Nesta conversa, as participantes do Club de lectura Naiara e Carmen pregúntanlles en qué consiste exactamente este síndrome, como é traballar con estas persoas ou cales son os principais mitos. Ledicia ademáis cóntanos que ademáis de ir cada mañá a estudar como os demáis compañeiros e compañeiras, acude os luns a Ioga, os xoves a Aula 10 en Monforte de Lemos e os venres a Down Ourense! Queredes saber máis? Escoitade a entrevista completa!
20 de mar. de 2024
OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS CON XAVIER BLANCO
O 21 de marzo coincidindo coa entrada da primavera , Xavier Blanco da Fundación LEGAR, impartiu un obradoiro de elaboración de instrumentos ancestrais. Este instrumentos foron feitos a partir de materiais que se atopan virxes na natureza como canas, carrabouxos, ósos, arxila ...
Neste obradoiro participou o alumnado de 2º e 3º de ESO que quedou moi satisfeito cos instrumentos que fixeron e que ademais puideron tocar e levar para a casa.