29 de dec. de 2020

GAÑADORA DO CONCURSO DE FELICITACIÓN DO NADAL

Xa temos a gañadora do concurso de felicitacións de Nadal, este orixinal Tik tok de Natalia Álvarez de 2º de ESO





PARABÉNS!



20 de dec. de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL


Estas son as nosas recomendacións lectoras, gozade do Nadal cun libro, ven a Biblioteca a coller o teu.

preme aqui

8 de dec. de 2020

CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL

  

Dado as circunstancias actuais, a causa da crisis sanitaria da Covid-19, este ano o concurso das felicitacións de Nadal será de maneira  virtual, cunha fotografía, cun vídeo ou cun Tik tok.



ANIMÁDEVOS  E PARTICIPADE!!!!!

7 de dec. de 2020

VISIBILIZANDO ÁS MULLERES. 3ª SEMANA

 Semana do 7 ao 11 de decembro.


1ª PISTA



                                            2ª PISTA




3ª PISTA



4ª PISTA



5ª PISTA




SOLUCIÓN



5 de dec. de 2020

OBRADOIRO "XORNALISMO NA ESCOLA"

 

Os días 2 e 4 de decembro, o IES de Quiroga acolleu unha actividade de xornalismo, iniciativa do Colexio Profesional de Xornalismo de Galicia e a Obra Social a Caixa.

Este obradoiro, impartido polo xornalista Xavier López Quiroga, trata de achegar o xornalismo aos rapaces e ás rapazas, busca que se interesen polos medios de comunicación e que saiban identificar as fontes de información fiables e contrastar a información.








30 de nov. de 2020

VISIBILIZANDO AS MULLERES 2ª SEMANA

 Semana do 30 de novembro ao 4 de decembro
1ª pista.



2ª pista.



3ª Pista


4ª Pista


5ª Pista




SOLUCIÓN



26 de nov. de 2020

SESIÓN FORMATIVA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL

 SESIÓN FORMATIVA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL.

O día 18 de novembro estivo no IES, Cristina Palacios, traballadora social, docente e presidentea de "Arelas", Asociación de Familias de menores Trans, para dar unha charla ao alumnado de 3º e 4º de     ESO e 1º de Bacharelato sobre "Diversidade sexual, de xénero e contra a LGTBIfobia"










EXPOSICIÓNS

  Durante o mes de novembro tivemos varias exposicións en Biblioquiroga, aquí deixamos as fotos dalgunhas delas.


A muller na ciencia




Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres








25 de nov. de 2020

FLORES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Biblioquiroga en colaboración co proxecta "Donas de Si" e EDLG, para conmemorar o Día Internacional da Violencia contra a Muller, plantou unhas flores por cada muller asasinada durante este ano.


#25N NIN UNHA MENOS#

























22 de nov. de 2020

INTRODUCIÓN AO ENSINO ONLINE

 

Comezaron as xornadas de formación para o aproveitamento das TIC, a formación no dixital, a utilización da aula virtual para o alumnado de ESO, "Informática básica para o ensino en liña.








20 de nov. de 2020

VISIBILIZANDO ÁS MULLERES

Dende Biblioquiroga e Donas de Sí, convidámosvos a participar no concurso  "Visibilizando ás mulleres". Sorte a todas e todos!!!!!


 

Aquí tedes a primeira pista do noso concurso, que corresponde á semana do 23/11 ao 27/11/2020


Mándade ás vosas respostas a biblioiesquiroga@gmail.com

Segunda pista




Terceira pista

Cuarta pista


Quinta e última pista desta semana.




SOLUCIÓN





Tedes ata o luns para mandar as vosas respostas. 
MOITA SORTE!!!

Mándade ás vosas respostas a biblioiesquiroga@gmail.com

31 de out. de 2020

SAMAÍN: CABAZAS POETAS

 Este ano debido a situación que estamos a vivir, temos que celebrar o Samaín dunha forma diferente, pero non menos divertida. 

Aquí tedes as primeiras fotos das cabazas poetas que participan no concurso de Biblioquiroga e de  EDLG





       





















MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR  💀👻👹!!!!!



26 de out. de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Cada 24 de outubro, desde 1997,  celebramos o Día das Bibliotecas, en recordo da destrución da biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito dos Balcáns. Este ano, baixo o lema “Bibliotecas, sempre ao teu carón” destacando a importancia das bibliotecas como lugar de encontro, ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.





En Biblioquiroga decidimos celebrar esta data cunha exposición de obras literarias nas  que as bibliotecas, as librerías, os/as  bibliotecarios/as, os/as libreiros/as, teñen unha presenza especial.




Eleanora é unha nena vampira que vive na biblioteca de Coímbra acompañada de 330 morcegos, dous deles son os seus axudantes nesta incrible aventura: “Xa” e “Mon”. Pero Eleanora non é unha vampira ao uso. O seu aspecto é diferente e os seus gustos culinarios xa non digamos!







No ano 2002, cando os talibáns se retiran de Afganistán, unha periodista experta en conflitos internacionais, Asne Seierstad, trasládese á capital do país para experimentar de primeira man a situación da sociedade afgana desa época. Alóxase na casa do libreiro Sultán Khan.










Novela que narra as actividades detectivescas de Guillermo de Baskerville para esclarecer os crimes cometidos nunha abadía beneditina no ano 1327. Axudado no seu labor polo novizo Adso, un home  novo que se enfronta por primeira vez ás realidades da vida, máis alá das portas do convento.




En  Auschwitz, Fredy Hirsch levanta  en segredo unha escola. Nun lugar onde os libros están prohibidos, a rapaza  Dita esconde baixo o seu vestido os volumes da biblioteca pública máis pequena, recóndita e clandestina que existira. No medio do horror, Dita non  se rende e nunca perde as ganas de vivir nin de ler porque, incluso nese terrible campo de exterminio, «abrir un libro é  como subir a un tren que te leva de vacacións».



Un amañecer de 1945, un rapaz é  conducido polo seu pai a un misterioso lugar oculto no corazón da cidade vella: o Cemiterio dos Libros Esquecidos. Alí, Daniel Sempere encontra un libro maldito que cambia o rumbo da súa vida e o arrastra a un labirinto de intrigas e  segredos enterrados na alma escura da cidade.








Esta novela é unha viaxe aos anos seguintes á  invención da imprenta,
cando un mercador de libros emprende a busca dun misterioso exemplar que foi roubado  da maior biblioteca de Occidente, creada en Sevilla polo fillo  de Cristovo Colón.






Unha historia situada nunha esquina repleta de libros no  Londres do século  XIX.
Unha marabillosa novela. Un retrato dos lugares nos que os libros e as historias te poden  transportar á  vida real. Unha xoia de libro para todos aqueles que algunha vez soñaron con ter un recuncho propio cheo de libros e  de soños…





Fahrenheit 451 é unha novela escrita en 1953 por Ray Bradbury. É unha distopía onde o autor pinta un mundo no que os libros están prohibidos. O protagonista pertence a unha brigada dos bombeiros encargada de queimar os libros existentes. O goberno considera que ler impide a felicidade ao encher á xente de angustia.
 Ao ler os homes fanse diferentes, cando deben permanecer iguais na ignorancia.




Laura Loire é unha libreira anticuaria que está a punto de cerrar a venda dun manuscrito do "Inferno" da Divina Comedia de Dante co que espera salvar o seu negocio. No  momento da operación, descobre que lle roubaron o valioso libro e que no seu lugar hai unha vulgar copia. 







Monsieur Picquier sempre di que un día sen ler  é un día perdido. Desde que tivo que vender a súa  librería para instalarse nunha  residencia, os libros non se moveron dos estantes do seu cuarto. Grégoire, un rapaz pouco amante dos estudos que acaba de deixar  o  instituto para traballar na cociña da residencia, descubrirá que o libreiro quedou cego. Non pode ler, así que o rapaz empezará a facelo por el e pronto un novo mundo se revelará ante os seus ollos.





O mozo, en aparencia, só quere devolver dous libros e rebuscar un pouco entre os estantes. Pero na sala de lectura encóntrase  co estraño bibliotecario, un ancián furibundo que o introduce no labirinto da biblioteca e alí, encérrao. Un pesadelo kafkiano e ao mesmo tempo unha sensible historia sobre a perda e a soidade.