29 de out. de 2026

O alumnado de 1º da ESO coñece a nosa biblioteca

O alumnado recén chegado dos centros adscritos para 1º da ESO, recibiu unhas "clases especiais" para coñecer o funcionamento de Biblioquiroga. Ditas clases foron impartidas polas alumnas de 1º de bacharelato. 

Que aprenderon? A sinalización dos estantes, a catalogación dos libros, a búsqueda rápida dos mesmos, así como as claves precisas para facer uso do ELBE.2. 












Non hai excusas para ler! 

«Ler é soñar cos ollos abertos.» (Laura Gallego)

23 de out. de 2026

DÍA DAS BIBLIOTECAS: Estrelas Galegas da Ciencia

 O venres 23 de outubro o IES de Quiroga celebrou o Día das Bibliotecas cunha actividade de animación á lectura organizada pola Biblioteca Pública de Quiroga.





 Baixo o título "Estrelas galegas  da ciencia", o alumnado realizou unha viaxe pola historia de grandes científicos e científicas  galegas que deixaron a súa pegada ao longo do tempo. Da man do divulgador científico,  Manuel Vicente García, o noso alumnado descubriu as aventuras, os achados e as peripecias destas figuras destacadas da ciencia galega.

Esta actividade, vinculada o Día das Bibliotecas, puxo de manifesto o papel das bibliotecas como espazos de encontro coa lectura, capaces de espertar a curiosidade, fomentar o pensamento científico e achegar a ciencia os rapaces e as rapazas dun xeito ameno.





19 de out. de 2026

DÍA DAS ESCRITORAS

 Este ano celébrase o XI Día das Escritoras, unha iniciativa organizada pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e  a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura.

Este ano o obxectivo é celebrar o centenario do Lyceum Club Femenino, insitutción que serviu de soporte para a participación das mulleres na vida intelectual, artítica e pública.

Para conmemorar este día, o noso alumnado achegouse a nosa literatura a través da lectura de textos de destacadas escritoras galegas, para así, dar visibilidade ás voces femininas, que contribuíron a enriquecer o noso patrimonio literario.

Sara, Diana, Antía e Xiana leron a letra da canción de Tanxugueiras e Fillas de Casandra, Quen é a que canta?



Aitana recitou un poema de Tamara Andrés, da súa obra "Irmá paxaro"


Uxía, leu o poema " Voz das amigas",  de Yolanda Castaño


Ainoa, leu un fragmento da obra "As malas mulleres", de Marilar Aleixandre



Isabella, Susana, Carmen Paula e Uxía  achegáronnos a obra de Carmen Varela, "As desterradas".


Susana e Isabella leron un fragmento da obra de Marica Campo, "Memoria para Xoana".


Obra de Ana Moreiras, "Madialeva", lida por Xiana e Antía






Xiana le un fragmento de "Velloucas e Minchas", de Lorena Conde.



Sara e Diana len un fragmento da obra de teatro "As alumnas", de Paula Carballeira


Hugo le un fragmento de "A lagoa das nenas mudas" de  Fina Casalderrey.
Mateo leu un poema de " Soños á beiramar" de Rosa Estévez Gantes.
Anxo le un fragmento de "Tódalas mulleres que coñezo" de Xiana do Teixeiro.
Fabián e Marcos leron un fragmento da novela " Volvo! o regreso de Usha" de María Reimóndez.




Que escritora hai dentro de ti?

O alumnado voluntario da biblioteca elaborou unha breve enquisa na que, en función dos gustos literarios recomendábache a unha escritora. Esta enquisa fixéronlla a alumnado e profesorado, entregando a cada un deles unha tarxeta con unha breve infografía da autora que lles recomenda a enquisa.



A enquisa que elaboraron foi a seguinte:




















16 de out. de 2026

Obxectos terroríficos para un Samaín divertido!

Exposición e concurso de obxectos malditos! 



AINARA FERREIRO REY 3º ESO


SERGIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ (PROFESOR)


XURXO PÉREZ LÓPEZ  2º ESO


SAMIRA, YANET, YASHIRA E NADIA 2º ESO


 CANDELA GONZÁLEZ GONZÁLEZ E ALEJANDRA GARCÍA LÓPEZ 3º ESO


INÉS ARZA SÁNCHEZ E SAMUEL POL VÁZQUEZ 2º ESO


MARTA CASTRO OJEA  2º ESO

ANXO ARZA NÚÑEZ 2º ESO


LARA, AINARA E PAULA  4º ESO


ALIANY PINA CERUTO E NOA GONZÁLEZ DURÁN 4º ESO







E CHEGARON OS PREMIOS!










Introdución ao ensino en liña!

O alumnado de 1º da ESO recibiu formación para introducirse no ensino en liña! Cada un/a dispón da súa aula virtual para unha maior organización do traballo. 








15 de out. de 2026

"A hora dourada"

O alumnado de 1º de Bach recibiu durante dúas sesións unha formación relacionada co eido da educación vial. A actividade consistiu nun escape room, na cal cada alumno/a asumiu as funcións que lle foron encomendadas. Garda civil, bombeiros, persoal sanitario...entre todos/as, formaron un bo equipo de axuda e rescate!