Despois do Nadal, na biblioteca do IES de Quiroga volvemos a estar operativos/as.
Recordade que é un bo momento para que veñades devolver os préstamos de Nadal, e levar algunha outra lectura se queredes ;-)
... ou probar os novos asentos, que tanto vos intrigaban...
Mágoa é ter que comezar o ano lembrando a figura doutro gran escritor galego falecido, neste caso trátase de Xosé Fernández Ferreiro, que finou en decembro. Podedes atopar algunhas novelas súas na biblioteca, entre elas os seus clásicos Morrer en Castrelo de Miño e Agosto do 36, pero tamén outras como O atentado, A cidade das chuvias, A fraga dos paxaros salvaxes ou Corrupción e morte de Brigitte Bardot.
Ningún comentario:
Publicar un comentario