Para conmemorar o
Día
das Bibliotecas Escolares, o pasado 24 de outubro, Biblioquiroga
realizou unha serie de actividades.
- A realización dunha tarxeta de felicitación para a nosa Biblioteca, na que se recollían as últimas adquisición de libros de poemas, xunto cunha exposición “moi poética” dos libros.
- Todo o alumnado do centro celebrou este día facendo a súas recomendacións literarias, debuxando as portadas de obras , nas diferentes linguas (castelán, galego, francés). Todas foron recollidas nun mural: "E ti que les?"
Velaquí tedes o
mural colectivo de Biblioquiroga. Cal será o premiado?
Ningún comentario:
Publicar un comentario