22 dic 2019

BO NADAL!


Cando se achegaba o Nadal ao alumnado de 1º da ESO tocoulles traballar co Apalpador. Non hai moito que se rescatou do esquecemento este personaxe tradicional que se mantiña vivo, segundo os testemuños recollidos, nas montañas do Courel e mesmo tamén no Bierzo. Trátase dun vello xigante que vive nas devesas facendo carbón e labrando na madeira para facer enredos, viste esfarrapado e cheos de remendos, usa boina e fuma en cachimba. Na noite de fin de ano baixa ás casas cun saco de castañas para repartilas entre aqueles nenos e nenas que están durmidos e ben mantidos, desexándolles que estean así o resto do ano, sen pasar fame nin penurias.
Foi por iso polo que nos decidimos a participar na ambientación do Nadal con actividades relacionadas con este personaxe tan vinculado a nosa contorna  O resultado de todo este esforzo aparece exposto na entrada do centro nun mural integrado por un fermoso cadro no que traballou o alumnado na aula de Educación Plástica

































Acompañano tamén as Cartas ao Apalpador nas que expresaron os seus mellores desexos e ilusións para o ano novo.























Finalmente prepararon a Cantiga do Apalpador e interpretárona no salón de actos do centro

Abofé que merecen que o Apalpador chegue ben cargado este ano!

CONCURSO DE TARXETAS  "A DONA DO NADAL"

E por suposto non faltou o concurso de postais de Nadal, organizado por Biblioquiroga para celebrar estas datas











No hay comentarios:

Publicar un comentario