20 de mar. de 2020

CONCURSO "A RODA DAS MULLERES"

Nestes días nos que temos que quedar na casa, dende Donas de Si e Biblioquiroga queremos propoñer un concurso para todo o alumnado e para toda a comunidade educativa do IES de Quiroga.

A RODA DAS MULLERES, o concurso consiste en descubrir o nome de mulleres relevantes nos diferentes ámbitos: ciencias, artes, literatura, deportes ...
Para poder concursar só tedes que descargar o formulario que encontraredes máis abaixo, cumprimentalo e envíalo ao seguinte enderezo electrónico:


O gañador/a será o que adiviñe máis mulleres no menor tempo.


A continuación podedes ver as pistas da primeira "Roda das mulleres", mulleres que teñen que ver coas letras e as artes.  E aí van as pistas da segunda "RODA DAS MULLERES" , neste caso son DEPORTISTAS


FORMULARIO PARA CUMPRIMENTAR




ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario