21 feb 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

 VISIBILIZANDO AS MULLERES E NENAS DA NOSA CONTORNA

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo  "Día Internacional da Muller", Biblioquiroga en colaboración con "Donas de Si" vai organizar unha exposición fotográfica, na que as protagonistas sexan mulleres e nenas da nosa contorna, por iso pedimos a colaboración de toda a comunidade educativa.

A actividade consiste en recompilar fotos nas que se mostren mulleres e nenas realizando algunha tarefa (no seu traballo, no instituto...), o que pretendemos é que as nosas avoas, nais, fillas, amigas, tías, primas e curmás sexan as protagonistas desta exposición que será presentada nos corredores do instituto.

Podedes mandar as vosas fotografías a:

 biblioiesquiroga@gmail.com

Grazas por participar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario