O 11 de febreiro é o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, para conmemorar esta data realizouse unha actividade para visibilizar científicas de todo o mundo e de todas as épocas.
Biblioquiroga en colaboración co Proxecta "Donas de Si" colocou un mapa enfronte á entrada da biblioteca que fomos enchendo cos nomes de científicas que tiveron un papel destacable na comunidade científica e tecnolóxica, pero que en moitas ocasións os libros de texto non recollen.
Con esta actividade pretendemos visibilizar o traballo destas científicas, investigadoras e tecnólogas, e así espertar entre as nosas alumnas futuras mulleres de ciencia.
Durante todo este mes podes engadir a túa científica. Invesiga e cubre de científicas o noso mapa.
A NOSA EXPOSICIÓN DE LIBROS VISIBILIZANDO "MULLERES NA CIENCIA" COS FONDOS DA NOSA BIBLIOTECA
VIDEOS SOBRE MULLERES E CIENCIA
Ningún comentario:
Publicar un comentario