27 de nov. de 2025

#SenVandalismo

Esta semana, o alumnado de 1º curso da ESO tivo a segunda sesión do proxecto #SenVandalismo, impulsado por APES en colaboración coa Fundación Barrié. 

Jenny Bontempi, coordinadora técnica do proxecto, acudiu acompañada de Guido Álvarez Parga, Guía Oficial de Turismo de Galicia e responsable do proxecto Guido Guía, e da Concelleira de Educación de Quiroga, Mayte Pérez. 





25 de nov. de 2025

Plan Director #25N

Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, Héctor Méndez, psicólogo da Garda Civil, achegouse ó IES de Quiroga para falar co alumnado de 3º e 4º curso da ESO sobre a prevención de delitos sexuais, e co alumnado de 1º curso de Bacharelato en relación á prevención do acoso e ciberacoso. 

A túa voz pode parar a violencia. Se o vives ou o ves, pide axuda!





25 N

Hoxe mesturamos o negro co violeta. A comunidade educativa do IES de Quiroga,  mostrou a súa repulsa contra a violencia. Non son cifras, son mulleres!









20 de nov. de 2025

Plan Proxecta: Quérote+

Esta semana, os dous grupos de 3º curso da ESO comezaron a traballar a Educación Sexual, a través das oito fichas do Plan Proxecta: Quérote+

Nesta primeira sesión, impartida polos titores en colaboración co Departamento de Orientación, abordouse a Ficha 1, que tivo por obxectivo:

  • Dar a coñecer os centros Quérote+ e o seu servizo de consultoría.
  • Posibilitar o achegamento da mocidade a Quérote+, como recurso de referencia nas súas procuras de información e asesoramento.

Os  centros  Quérote+, son  un  recurso  público, confidencial e gratuíto, dirixido á mocidade, que ofrece apoio e asesoramento en temáticas como a sexualidade, o benestar emocional, a promoción do bo trato, a prevención das ITS e dos embarazos non planificados, así como cuestións vinculadas á diversidade LGBTI+.





12 de nov. de 2025

Recollida de alimentos no noso IES!

O banco de alimentos de Lugo pídenos, sobre todo, arroz e pasta! A partires do día 1 de decembro, faremos a recollida no IES. 









Postais navideñas solidarias!

Achégase o nadal e, dende o Plan Proxecta de Pasaporte Solidario, voltamos a colaborar coa Cruz Vermella de Lugo. Para elo, o alumnado elaborará a súa postal navideña. Estas serán repartidas en centros sociais e residencias de maiores da provincia.  




6 de nov. de 2025

Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar #6N

O alumnado da ESO está a participar no Obradoiro de Convivencia impartido polo Departamento de Orientación.

Trátase dunha actividade na que reflexionan sobre a importancia de actuar con empatía e colaborar para a creación dun clima escolar respectuoso. 

Ademáis, están a coñecer o Protocolo Educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e ciberacoso escolar, unha ferramenta fundamental para garantir o seu benestar no Centro Educativo. 






29 de out. de 2025

OBRADOIRO DE "SENVANDALISMO"

No día de onte, o alumnado do 1º curso da ESO, iniciou o Proxecto #SenVandalismo. A base metodolóxica deste proxecto é a Aprendizaxe-Servizo (ApS), a través da cal os nenos e as nenas aprenden e investigan sobre vandalismo e a posteriori realizan unha acción social ou servicio á comunidade. O alumno/a transfórmase en "Investigador Social", adquirindo un rol de axente activo na comunidade, tendo como acompañantes neste proceso ás súas familias, docentes e ao persoal responsable de APES. 









20 de out. de 2025

ENTREVISTANDO A CAROL MARTÍNEZ

 Despois da realización do obradoiro "Malas Herbas" a nosas alumnas, Paula e Noa, entrevistaron a Carol en "Onda Brava", para coñecer algo mellor o seu traballo e a súa traxectoria.

 





17 de out. de 2025

DÍA DA MULLER RURAL. OBRADOIRO "MALAS HERBAS"

 Biblioquiroga celebrou o Dia da Mullar rural cun obradoiro "Malas Herbas". Carol Martínez deixou Barcelona para vivir ao rural. Transformou a nosa biblioteca nunha botica e ensinounos o poder curativo das plantas. Aproveitando os seus coñecementos, o noso alumnado elaborou a súa propia crema ou bálsamo.


























16 de out. de 2025

DÍA DAS ESCRITORAS. ESCRIBIDE COMPAÑEIRAS!

 

Como cada ano, o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, celébrase o Día das Escritoras, esta celebración ten como obxectivo reivindicar o labor e o legado das mulleres escritoras. 





Para conmemorar esta data, o alumnado voluntario da biblioteca leo os textos seleccionados pola Asesoría da BE.










O voluntariado da biblioteca fixo unha selección de obras escritas por mulleres que expuxo na entrada do centro.





7 de out. de 2025

O alumnado de 1º da ESO coñece Biblioquiroga!

Hoxe, alumnado de 1º de bacharelato, preparou unha actividade para 1º da ESO, a cal consistiu en explicar o funcionamento básico da nosa biblioteca (Biblioquiroga). Naiara, Antía, Noelia e Noemí contáronlles as vantaxes de ser voluntarios/as, así como o xeito no que están organizados os libros e como poden atopalos. Foi unha bonita sesión formativa e de convivencia. Gracias pola vosa axuda!












3 de out. de 2025

Comeza O Club de Lectura!

Comezou o club de lectura! Hoxe, os membros do club xuvenil, tiveron a 1ª reunión para escoller o libro máis adaptado ás súas preferencias! No caso dos adultos, unha vez máis, leremos a Antía Yañez. Neste caso toca “O clan das barbies”. Comezamos! 👏🏻









“Cousas de Castelao”

Con  motivo da conmemoración do Ano Castelao, esta mañá visitamos a exposición: Castelao de “Sempre en Galiza” na Casa da Cultura de Quiroga, á cal fomos convidados/as polo Concello. 

A continuación, puidemos presenciar a obra “Cousas” a cargo da Compañía 'Os Quinquilláns', cuxa temática principal é a emigración