31 de xan. de 2025

Concurso Pilabot

 Seguimos cunha nova proposta solidaria. Nesta ocasión o IES de Quiroga participará no concurso Pilabot, polo que o centro convertirase nun punto de recollida de pilas e acumuladores usados para a súa reciclaxe.

Hoxe o alumnado foi polas aulas explicando a iniciativa aos seus compañeiros e entregándolles pequenos recipientes para gardar e traer as pilas!

Se es da contorna participa nesta iniciativa e recicla as túas pilas con nós!

Esta iniciativa forma parte do Plan Proxecta Correspondentes xuvenís e pasaporte solidario








20 de xan. de 2025

LUCES: Fotografía en curso

 Aproveitando a saída a Vigo a ver as luces do Nadal, o alumnado de Fotografía en curso comezou coa seguinte proposta: Luces.

O resultado foi moi orixinal.

Aldara (profe)

Ana (profe)

Ana Mateo (1º Bach)

Ana Mateo (1º Bach)

Andrea (1º Bach)

Manuel Antonio (1º Bach)

Anxo (3º ESO A)

Araceli (1º Bach)

Araceli (1º Bach)

Carmen (3º ESO A)

Celia (1º Bach)

Chelo (profe)

Diana (3º ESO A)

Evelyn (1º Bach)

Fabián (3º ESO B)

Gabriel (3º ESO A)

Hugo (3º ESO A)

Iker (3º ESO A)

Isabella (3º ESO B)

Laura (profe)

Ledicia (3º ESO B)

Lúa (1º Bach)

Mario (3º ESO B)

Naiara (3º ESO B)

Paula (3º ESO B)

Sara Vaz (3º ESO B)

Susana (3º ESO A)

Tania (3ª ESO B)

Uxía (3º ESO A)

Verónica (1º Bach)


18 de xan. de 2025

GALEGOZA, EXPOSICIÓN SOBRE MÚSICA GALEGA


O corredor da planta baixa do noso instituto acolle estes días unha exposición de 16 roll ups sobre a historia da música galega desde os anos 60 do século XX ata os nosos días. O comisario Pepe Cunha presentou a exposición e realizou un roteiro co nosos alumnado.





































































13 de xan. de 2025

VIAXE DO CLUB DE LECTURA E DOS VOLUNTARIOS DE BIBLIOQUIROGA

 O día 10 de xaneiro o Club de Lectura e o voluntariado de Biblioquiroga realizaron unha viaxe á cidade Olívica, nesta vila pasaron unha fermosa xornada antes do apagado das luces onde parte do alumnado aproveitou para facer prácticas de fotografía como parte do Proxecta Fotografía en curso.

Tamén acudimos ao auditorio Mar de Vigo para desfrutar do espectáculo de humor "Noites de retranca". O alumnado poido escoitar e divertirse cos monólogos de Luis Zahera, Manquiña, Oswaldo Digón e Rafa Durán.