26 de xan. de 2026

Charlas da editorial Burlington

Johnny, da editorial Burlington, visitounos o luns para dar unhas charlas moi interesantes e dinámicas para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato e de 3º e 4º da ESO.

 

Na primeira charla, adicada ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato e titulada A Trip to Britain, o alumnado aprendeu curiosidades sobre a cultura británica, como por exemplo a orixe da bandeira, o diñeiro e a forma de conducir. Toda a charla amenizada con pequenos premios para respostas correctas e incluso unha chamada ao irmán do conferenciante para resolver unha pregunta.

 

Na segunda charla, adicada ao alumnado de 3º e 4º da ESO e titulada Global English, o alumnado aprendeu sobre os distintos lugares do mundo nos que se fala inglés. Presentado en gran medida a forma de quiz, os alumnos tiñan que adiviñar o país e logo responder a preguntas relacionadas con ese país. Ao igual que no caso anterior, houbo tamén regalos para os que responderon e unha chamada tamén para resolver unha das preguntas.

 

Foi unha gran experiencia xa non so por aprender sobre o mundo anglófono, senon tamén pola oportunidade de escoitar unha charla completa en inglés nativo, neste caso de Irlanda.






Ningún comentario:

Publicar un comentario