28 de maio de 2026

"Menores nin unha pinga"

O alumnado da ESO do IES de Quiroga participou no obradoiro "Menores, nin unha pinga", unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Alcol e Sociedade, que ten como principal finalidade previr o consumo de alcol entre os menores de idade.

A actividade enmárcase dentro dun programa educativo que busca concienciar a mocidade sobre os riscos asociados ao consumo de bebidas alcohólicas e promover hábitos de vida saudables. Os seus tres obxectivos fundamentais son:

  • Reducir o número de adolescentes que consumen alcol.
  • Atrasar a idade de inicio no consumo.
  • Minimizar a inxesta entre aqueles mozos e mozas que xa teñen contacto con estas bebidas.

A través desta iniciativa preténdese sensibilizar á comunidade educativa e facilitar materiais e recursos que permitan comprender mellor as circunstancias e consecuencias asociadas ao consumo de alcol na adolescencia. A prevención e a educación constitúen, neste sentido, ferramentas clave para reducir estas condutas entre os menores.




Ningún comentario:

Publicar un comentario