19 de out. de 2023

DÍA DAS ESCRITORAS. "O pracer, a ledicia e a risa das mulleres"

 

Este luns, 16 de outubro celebramos o Día das Escritoras, o lema deste ano é "O pracer, a ledicia e a risa das mulleres".

Desde o ano 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. Este día celébrase o luns máis cercano ao 15 de outubro, aniversario do falecimento de Teresa de Jesús.

Os voluntarios e as voluntarias da biblioteca, seleccionaron  libros da biblioteca para realizar unha exposición de poetas, dramaturgas e narradoras galegas, de fala hispana e estranxeiras.


























O noso alumnado fíxolle unha pequena  homenaxe as nosas escritoras coa lectura de diferentes fragmentos das súas obras.




  




OBRADOIRO: INTRODUCIÓN AO ENSINO EN LIÑA

 O alumnado de 1º de ESO levou a cabo durante as primeiras semanas de curso, un obradoiro de formación para o aproveitamento das TIC, a formación no dixital e a utilización da aula virtual. Ferramentas que serán moi útiles durante toda a súa Educación Secundaria!





Aquí tedes un resumo por se precisades axuda!
Pinchade nas imaxes!


Como podo acceder á Aula Virtual?


Como gardar ficheiros na Aula Virtual?


Como entregar ficheiros das Tarefas na Aula Virtual?







9 de out. de 2023

Punto de Información Xuvenil

 O vindeiro xoves 26 de outubro dende as 10.30 ata as 13.30 contaremos con Zoe, dinamizadora da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, que nos contará diversas oportunidades e beneficios cos que conta a xuventude galega: Erasmus, voluntariados, o carné xove e moitísimo máis.
Estade atentos/as!



8 de out. de 2023

“Quiroga, territorio literario”

 O pasado domingo 1 de outubro, representantes da biblioteca e do club de lectura de adultos, participaron no roteiro denominado “Quiroga, territorio literario”. Ademáis dos relatores Celia Díaz e Xosé Estévez, participou a Fundación Legar da man de Xavier Blanco e as voces do alumnado do CEIP e do IES de Quiroga. 








4 de out. de 2023

O CLUB DE LECTURA GAÑA O SEGUNDO PREMIO NACIONAL

 “Todo esforzo ten a súa recompensa” e nós tivemos unha grandísima con este recoñecemento a nivel nacional gañando o 2º premio Club de Lectura!

Noraboa a todos/as os alumnos/as, profes e familias que participastes, Aldara  como coordinadora do club e ao equipo de biblioteca do IES de Quiroga polo traballo feito en equipo durante todo o curso.

O premio é un gran recoñecemento pero o máis importante foi o tempo que pasamos lendo, rindo, debatindo e disfrutando da cultura.

Este ano seguiremos cun novo Club de Lectura e moitas novidades!















28 de xuño de 2023

Despedimos o curso 22/23

 Como agasallo final,o último día o alumnado membro do club de lectura e voluntarias da biblioteca recibiron unha axenda do vindeiro curso. Nela poderán anotar as lecturas deste ano, as súas actividades favoritas ou os libros que lerán este verán.

Vémonos o vindeiro curso!