Aquí quedan un par de novidades para pasar de man en man:
19 de set. de 2018
Abrimos as portas cunha chea de novidades!
Neste novo curso van mudar algunhas cousas en Biblioquiroga: agora a xefa é Chelo, profe de francés, así que xa sabedes a quen tedes que dirixirvos para facer suxestións... ;-)
27 de xuño de 2018
A "nosa" biblioteca
Rematou o curso, ficou o corredor da planta baixa baleiro nos recreos... pero non sen rastro do alumnado, pois alí quedou a biblioteca interactiva que fomos enchendo todos os lectores e lectoras deste centro educativo, aos poucos, colocando cadanseu libro. Aquí tedes o resultado final desta xeira:
O lombo seleccionado como gañador de entre todos os elaborados -algúns de moitísima calidade, como veredes na imaxe- foi "Rêves amers", de Emma Casanova, alumna de 3º da ESO. Parabéns!
Moitas grazas a todas e todos por participardes nesta actividade tan creativa!
Etiquetas:
biblioteca interactiva,
Escola de Prensa,
lombos
19 de xuño de 2018
As que pasean máis libros de biblioquiroga
Hoxe unha pequena representación do alumnado que participou na redacción do noso xornal anual "O Eco do Val" desprazouse a Lugo, ata a sede de El Progreso, para recoller os premios que conseguiu en Escola de Prensa. A edición de "O Eco do Val" deste curso está a piques de saír do prelo, enseguidiña o teredes nas mans...
Estas son as nosas gañadoras este ano en canto ao número de préstamos da biblioteca: Elianny Burgos (2º BAC), Cristina García (1º ESO), Emma Casanova (3º ESO), Emily González (1º BAC) e Claudia Jiménez (1º BAC).
A ver se atopamos un oco neste vertixe de fin de curso para facer a entrega de premios...

El Progreso,
Escola de Prensa,
O Eco do Val,
premio
E aínda hai máis de Abril de libros, maio de letras
Pois si, fóisenos acumulando o choio, pero todo vai saíndo.
Aquí tedes como vai enchéndose a nosa biblioteca virtual coas propostas do alumnado, e os carteis elaborados polo alumnado de Plástica de distintos niveis, en relación coa película de García Berlanga, El verdugo (nestes días vótase o mellor). Tamén queda aquí o enlace ao tríptico informativo da biblioteca, que foi actualizado este curso.

carteis El verdugo,
tríptico informativo
11 de xuño de 2018
Remate de Abril de libros, maio de letras (II)
E tamén houbo visitas moi do mundo das letras...
| Pilar García Negro falounos de Rosalía de Castro |
| África Sánchez fixo un obradoiro poético |
| Uxío Breogán Diéguez estivo para falar da memoria histórica |
![]() |
| Selecta de Marilar Aleixandre, que tivo un encontro cos membros do Club de Lectura (máis información no blog de Libromanía) |
Etiquetas:
África Sánchez,
PIlar García Negro,
Uxío Breogán Diéguez
Remate de Abril de libros, maio de letras
Algúns exemplos do que houbo este curso nesta proposta de conmemoración conxunta do Día do Libro e do Día das Letras:
A montaxe da Biblioteca interactiva, cos lombos dos libros elaborados polo alumnado

A proposta "Cada ovella coa súa parella", consistía en descubrir a que obra clásica da literatura pertencía un pequeno texto...

E atopamos un oco para María Victoria Moreno e a súa obra, por suposto:
A montaxe da Biblioteca interactiva, cos lombos dos libros elaborados polo alumnado| Fiches des écrivaines francophones |
A proposta "Cada ovella coa súa parella", consistía en descubrir a que obra clásica da literatura pertencía un pequeno texto...
E atopamos un oco para María Victoria Moreno e a súa obra, por suposto:
Etiquetas:
Abril de libros,
África Sánchez,
biblioteca interactiva,
Cada ovella coa súa parella...,
fiches des écrivaines,
maio de letras,
Pilar Gª Negro,
Uxío Breogán
31 de maio de 2018
Ler para o mellor público
Coma sempre, tardamos en dar sinais de vida na rede... pero a nosa actividade seguiu no mes de maio. Neste enlace podedes acceder ao último biblioletín, con novidades e recomendacións.
O último que fixemos, onte, neste caso o alumnado que participa habitualmente no Club ee Lectura, dentro da proposta "Abril de libros, maio de letras", foi irlles ler aos nenos e nenas dos coles adscritos, o CEIP de San Clodio e o CEIP de Quiroga.

Aquí tedes unha mostra en imaxes desta emocionante xornada (CEIP de San Clodio):
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)