27 de nov. de 2024

Concurso Portas de Nadal

 


Estes son os resultados do concurso de portas de nadal deste ano organizado pola biblioteca do IES de Quiroga. Un increíble traballo realizado polo alumnado de toda a eso e 1º bach. Aínda que o xurado o tivo moi difícil para escoller, estes foron os resultados:
1º posto: 1º bach
2º posto: 1º ESO
3º posto: 3º ESO A
4º posto: 2º ESO
5º posto: 3º ESO B
6º posto: 4º ESO B














Pasaporte solidario- Postais de Nadal. Colaboración con Cruz Vermella

 


Como parte do Plan Proxecta Pasaporte Solidario, hoxe entregáronse as postais de Nadal feitas polo alumnado da ESO IES de Quiroga. Membros de Cruz Vermella viñeron ata o IES para recollelas e poder organizar a entrega das mesmas a personas que están en situación de vulnerabilidade polo Nadal.







Pasaporte Solidario. Recollida de alimentos- Banco de alimentos Lugo

 


Onte traballadores do banco de alimentos de Lugo recolleron as donacións aportadas polo alumnado e profesorado do IES de Quiroga como parte de Plan Proxecta Pasaporte Solidario que irá destinado a personas en situacións de extrema necesidade da nosa provincia.





25 de nov. de 2024

25 N - Día Contra a Violencia de Xénero


Concurso 25 N "E ti que vas facer?"


Participación modalidade debuxo:

Aynara 2º ESO

Nerea y Ainara 1º ESO

Participación modalidade poesía:

Aliany 2º ESO


Aliany 2º ESO

Aliany 2º ESO


Isabella y Paula 3º ESO B
Charla organizada polo CIM de Quiroga para o alumnado da ESO

Esther a psicóloga e Marisa a avogada do CIM de Quiroga acudiron ao IES para dar unha charla analizando as últimas noticias e estatísticas sobre violencia de xénero. A través do debate falaron sobre que é ou non é violencia de xénero, se existe discriminación cara os homes nas leis e se realmente hai algo que poda xustificar dita violencia.



Elaboración de pancartas para a concentración

Nas horas de Educación Plástica, visual e audiovisual así como en titorías, o alumado da ESO e 1Bach elaboraron carteis con mensaxes de loita contra a violencia de xénero.




Concentración no Concello de Quiroga

O Concello de Quiroga e o CIM organizaron unha concentración na que tanto o IES como o CEIP de Quiroga participaron coas súas pancartas, leron un manifesto e gardaron un minuto de silencio polas víctimas de violencia de xénero.









Exposición da Biblioteca "Lecturas 25N"






18 de nov. de 2024

Que non te líen, ti elixes!

 O pasado martes o IES de Quiroga participou nas charlas ofertadas como parte do programa Que non te líen, ti elixes da consellería de educación co gallo de fomentar a orientación profesional libre de estereotipos de xénero e a igualdade de oportunidades en 3º e 4º ESO.




17 de nov. de 2024

MES DA CIENCIA

Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia en Galego, unha celebración durante a cal no IES de Quiroga se desenvolven propostas diversas para fomentar o interese por este ámbito experimental entre os máis novos. 

O alumnado de 4º ESO B, 1º de BAC e o alumnado de 2ª de bacharelato de ciencias participou nunha videoconferencia con Begoña Vila Costas, astrofísica galega especializada no estudo de galaxias espirais o dia 14 de novembro. A videoconferencia organzidada polo Enciga leva por titulo "Observando o Universo" e foi a profesora de Física a encargada de organizar esta actividade. 

En cada edición desta efeméride contouse coa colaboración dunha persoa relevante do ámbito científico en Galicia, que se encargou de escribir un texto a modo de manifesto, este ano o encergado foi Felipe Criado-Boado. Arqueólogo e director do Instituto de Ciencias  do Patrimonio do CSIC.



15 de nov. de 2024

Recollida de material escolar para os afectados pola Dana. Pasaporte Solidario



Onte entregouse o material escolar  para os afectados pola Dana en Valencia, recollido como parte do plan Proxecta Pasaporte Solidario. As voluntarias da biblioteca colocaron os carteis e fixeron a difusión da iniciativa.








Chegada e entrega do material escolar nas zonas afectadas pola Dana en Valencia.