1974. Ruperto é un mozo que, como moitos outros da época, non ve futuro en España e decide facer as maletas para emigrar ó estranxeiro (pensándoo ben, poñendo 2015 en vez de 1974 tamén podería valer).
A diferenza con outros moitos dos emigrantes da época é que Ruperto é un yeyé, e ademais de buscar un traballo, que pronto veremos que non é a súa maior ansia, necesita aire fresco para o seu espírito libre. Nesta novela gráfica de Fernando González Viñas e José Lázaro iremos acompañando a Ruperto na súa viaxe pola Alemaña da época, vendo a diferenza entre as sociedades española e xermana, as súas peripecias como mente inqueda, a súa estrañeza pola responsabilidade que amosan os alemáns, e o gusto polas mozas do país, entre as cales ten un sorprendente éxito.
E mención aparte, aínda que non por iso menos importante, de feito é fundamental, a música. Música da época que imos vendo ó longo de toda a novela, tanto música española como a que soaba por Europa adiante en aquel ano. Tan importante é a música, que ata veremos a Ruperto formando un grupo musical propio en compañía de outros emigrantes, "Los Mantas".
En resumo: trátase dunha novela divertida, entretida de ler, e con bastante contido de fondo que permite unha segunda lectura máis profunda da que podemos tirar moitos temas de conversa. Esta novela gráfica xa está á vosa disposición na nosa biblioteca, onde tamén temos un exclusivo cd recopilatorio coas cancións que aparecen na mesma.

E de regalo, unha das cancións, a gañadora do festival de Eurovisión de aquel ano. Aquí tedes o vídeo de aquel momento, que tamén aparece na novela:
Ningún comentario:
Publicar un comentario