Este ano a Casa Museo Manuel María lanzou a primeira convocatoria do Concurso de Videopoemas. Biblioquiroga animou ao alumnado a participar... e houbo quen o fixo, e ben.
Un dos videopoemas enviados quedou finalista: o que fixeron Marta Campos e Sara Casanova, de 1º de BAC a partir dos versos de "Quiroga, fáloche a ti..." de Manuel María.
Aló acudiron o día 20 de maio a Outeiro de Rei, á Casa de Hortas, e aínda que non resultaron gañadoras, foi unha xornada que non esqueceremos.
A verdade é que a calidade dos traballos que chegaron á final era enorme, e sempre é unha honra estar entre os seleccionados.
Para o ano volvemos, ou?
Para o ano volvemos, ou?
Quirogues@s na visita posterior ao Museo |
Foto das finalistas presentes na entrega de premios |
Sara e Marta ante a Casa Museo |
(podedes ver o seu videopoema no noso facebook)
Ningún comentario:
Publicar un comentario