Polo de agora, estamos montando unha biblioteca interactiva no corredor da planta baixa, elaborando fichas de autoras do ámbito francófono e carteis cinematográficos; estas dúas últimas propostas, do Dpto de Francés e do Dpto de Plástica, respectivamente. Dá gusto colaborar en proxectos tan chulos.
Proximamente, o alumnado do Club de Lectura irá ler aos coles da contorna, esperamos que con tanto éxito como o ano pasado.
Do concurso de "Respostas para Rosalía" quedaron gañadores: Aimar de 1º da ESO e Zaida de 3º da ESO. As dúas propostas, unha de creación propia e outra cos versos da propia autora, eran perfectas para dar resposta ao verso "E ben, para que escribo?", da autora galega máis coñecida:
Para entrar nos soños do pobo
e que soñen con estrelas
para xogar con sombras
agasallar con palabras
e criar pombas.
(Aimar Álvarez)
|
"Que así mo pediron,
que así mo mandaron,
que cante e que cante
na lengua que eu falo."
(Zaida Alves, versos de Rosalía)
|
E aínda que non demos conta polo miúdo del, tamén houbo este ano o xa tradicional concurso de Disfraces Literarios. Cara ao 8 de marzo montamos a exposición de materiais de lectura en relación coas mulleres, pero tamén temos outra en homenaxe a Forges (Defensa de la Lectura).
E para pechar o 2º trimestre, As aureanas viñeron representar unha versión de Las literatas de Rosalía. Foi un éxito. Moitas grazas a tod@s, especialmente á directora, Eva F. Ferreira e ás dúas "participantes" do noso centro: Luisa, profe de galego, e Ariadna, alumna de 4º da ESO.
Había máis membros da comunidade escolar no escenario... algunha nai, por exemplo.
Grazas a todas, por traer á Rosalía reivindicativa e feminista para pechar o mes de marzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario