O Día das Escritoras é una conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto a "Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias "(FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas que, desde o ano 2016, busca reinvidicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia.
Os obxectivos desta conmemoración son principalmente:
- Loitar contra a discriminación, que ao longo da historia, sufriu a muller.
- Visibilizar o traballo das mulleres no ámbito da literatura.
- Poñer en valor o legado das mulleres escritoras.
En Biblioquiroga tratamos de poñer en valor o traballo e a obra destas mulleres a través de varias exposicións realizadas polo alumnado.
Dunha banda fixemos unha exposición destacando o papel da muller na literatura con tres apartados:
- Mulleres Premio Nobel de Literatura.
- Mulleres Premio Cervantes que só foi outorgado a catro mulleres.
- Día das Letras Galegas,desde 1963 foi adicado soamente a tres mulleres.
E por outra banda unha exposición na que destacamos os nomes das escritoras galegas do século XXI que podemos encontrar nos fondos da nosa biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario