Este mes de outubro as colaboradoras e colaboradores de Biblioquiroga abriron as portas da biblioteca do noso centro ao novo alumnado de 1º de ESO.
Comezaron repartindo un tríptico no que se explicaba o funcionamento e a distribución da biblioteca. A partir deste tríptico fóiselles explicando tamén cada sección. A continuación, a coordinadora da biblioteca realizou diversas actividades que consistían na busca de diferentes libros e na colocación nos estantes dunha serie de libros e material da biblioteca.
Entregáronse os Carnés de lectura e finalmente todos foron agasallados con varios marcapáxinas
Ningún comentario:
Publicar un comentario