6 de nov. de 2026

Magosto no IES!

O venres 6 de novembro, no IES de Quiroga, fixemos o noso propio San Martiño como bos/as quirogueses/as que somos! Asamos castañas e comemos bolos preñados. Viva o magosto de biblioquiroga!























29 de out. de 2026

O alumnado de 1º da ESO coñece a nosa biblioteca

O alumnado recén chegado dos centros adscritos para 1º da ESO, recibiu unhas "clases especiais" para coñecer o funcionamento de Biblioquiroga. Ditas clases foron impartidas polas alumnas de 1º de bacharelato. 

Que aprenderon? A sinalización dos estantes, a catalogación dos libros, a búsqueda rápida dos mesmos, así como as claves precisas para facer uso do ELBE.2. 












Non hai excusas para ler! 

«Ler é soñar cos ollos abertos.» (Laura Gallego)

23 de out. de 2026

DÍA DAS BIBLIOTECAS: Estrelas Galegas da Ciencia

 O venres 23 de outubro o IES de Quiroga celebrou o Día das Bibliotecas cunha actividade de animación á lectura organizada pola Biblioteca Pública de Quiroga.





 Baixo o título "Estrelas galegas  da ciencia", o alumnado realizou unha viaxe pola historia de grandes científicos e científicas  galegas que deixaron a súa pegada ao longo do tempo. Da man do divulgador científico,  Manuel Vicente García, o noso alumnado descubriu as aventuras, os achados e as peripecias destas figuras destacadas da ciencia galega.

Esta actividade, vinculada o Día das Bibliotecas, puxo de manifesto o papel das bibliotecas como espazos de encontro coa lectura, capaces de espertar a curiosidade, fomentar o pensamento científico e achegar a ciencia os rapaces e as rapazas dun xeito ameno.





19 de out. de 2026

DÍA DAS ESCRITORAS

 

Este ano celébrase o XI Día das Escritoras, unha iniciativa organizada pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e  a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura.

Este ano o obxectivo é celebrar o centenario do Lyceum Club Femenino, insitutción que serviu de soporte para a participación das mulleres na vida intelectual, artítica e pública.

Para conmemorar este día, o noso alumnado achegouse a nosa literatura a través da lectura de textos de destacadas escritoras galegas, para así, dar visibilidade ás voces femininas, que contribuíron a enriquecer o noso patrimonio literario.

Sara, Diana, Antía e Xiana leron a letra da canción de Tanxugueiras e Fillas de Casandra, Quen é a que canta?



Aitana recitou un poema de Tamara Andrés, da súa obra "Irmá paxaro"


Uxía, leu o poema " Voz das amigas",  de Yolanda Castaño


Ainoa, leu un fragmento da obra "As malas mulleres", de Marilar Aleixandre



Isabella, Susana, Carmen Paula e Uxía  achegáronnos a obra de Carmen Varela, "As desterradas".


Susana e Isabella leron un fragmento da obra de Marica Campo, "Memoria para Xoana".


Obra de Ana Moreiras, "Madialeva", lida por Xiana e Antía






Xiana le un fragmento de "Velloucas e Minchas", de Lorena Conde.



Sara e Diana len un fragmento da obra de teatro "As alumnas", de Paula Carballeira


Hugo le un fragmento de "A lagoa das nenas mudas" de  Fina Casalderrey.
Mateo leu un poema de " Soños á beiramar" de Rosa Estévez Gantes.
Anxo le un fragmento de "Tódalas mulleres que coñezo" de Xiana do Teixeiro.
Fabián e Marcos leron un fragmento da novela " Volvo! o regreso de Usha" de María Reimóndez.