21 feb 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

 VISIBILIZANDO AS MULLERES E NENAS DA NOSA CONTORNA

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo  "Día Internacional da Muller", Biblioquiroga en colaboración con "Donas de Si" vai organizar unha exposición fotográfica, na que as protagonistas sexan mulleres e nenas da nosa contorna, por iso pedimos a colaboración de toda a comunidade educativa.

A actividade consiste en recompilar fotos nas que se mostren mulleres e nenas realizando algunha tarefa (no seu traballo, no instituto...), o que pretendemos é que as nosas avoas, nais, fillas, amigas, tías, primas e curmás sexan as protagonistas desta exposición que será presentada nos corredores do instituto.

Podedes mandar as vosas fotografías a:

 biblioiesquiroga@gmail.com

Grazas por participar!

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA CUNHA FLOR E UN POEMA

 

24 de febreiro Día de Rosalía

Este día celebramos o nacemento da nosa escritora máis universal e para conmemorar esta data aquí tedes a primeira actividade  a Ruleta de "Rosalía". 


 

 Durante toda estas semanas as e os voluntarias/os da biblioteca estiveron a escribir poemas de Rosalía de Castro para agasallar a toda a comunidade educativa con eles e cunha flor.



E chegou o día en que todos e todas viñeron a recoller a súa flor e  a ler o seu poema






























LECTURA DE POEMAS DE ROSALÍA



 

CONCURSO VISIBILIZANDO ÁS MULLERES. 7ª SEMANA

 

SEMANA DO 22 AO 26 DE FEBREIRO
















SOLUCIÓN



16 feb 2021

VOLUNTARIADO EN BIBLIOQUIROGA

Os voluntarios e as voluntarias da biblioteca realizan un gran traballo para manter a biblioteca en orde e funcionando perfectamente. 

FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS

 Previamente tivemos unhas xornadas de formación, na que unha alumna que xa colaborou outros anos con esta biblioteca e axudada polas encargadas da biblioteca, informou aos axudantes das diversas tarefas que teríamos que realizar.



E aquí temos un resumo das tarefas realizadas por este equipo de colaboradores e colaboradoras durante os tempos de lecer: selar, pegar etiquetas e colocar libros. Rexistrar préstamos e devolucións. Colaborar nas exposicións seleccionando e colocando os libros.








12 feb 2021

Un mundo de científicas

 O  11 de febreiro é o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, para conmemorar esta data realizouse unha actividade para visibilizar científicas de todo o mundo e de todas as épocas.

Biblioquiroga en colaboración co Proxecta "Donas de Si" colocou un mapa enfronte á entrada da biblioteca que fomos enchendo cos nomes de científicas que tiveron un papel destacable na comunidade científica e tecnolóxica, pero que en moitas ocasións os libros de texto non recollen.

Con esta actividade pretendemos visibilizar o traballo destas científicas, investigadoras e tecnólogas, e así espertar entre as nosas alumnas futuras mulleres de ciencia.






Durante todo este mes podes engadir a túa científica. Invesiga e cubre de científicas  o noso mapa.



A NOSA EXPOSICIÓN DE LIBROS VISIBILIZANDO  "MULLERES NA CIENCIA" COS FONDOS DA NOSA BIBLIOTECA







VIDEOS SOBRE MULLERES E CIENCIA


A Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) lanza  a campaña #NoMoreMatilda, o Efecto Matilda,  que consiste en recoñecer o traballo  de mulleres científicas, investigadoras, enxeñeiras e tecnólogas que foron relegadas ao esquecemento  e  cuxas   achegas foron, moitas veces,  atribuídas aos seus compañeiros varóns.




 


 ADA LOVELACE


MARGARITA SALAS

7 feb 2021

VISIBILIZANDO ÁS MULLERES 6ª SEMANA

 

SEMANA DO 8 AO 12 DE FEBREIRO 2021

 1ª PISTA

2ª PISTA


3ª PISTA

4ª PISTA

5ª PISTA

SOLUCIÓN






5 feb 2021

3 feb 2021

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 

"Non hai camiño para a Paz, a Paz é o camiño."  Mahatma Gandhi


Biblioquiroga en colaboración con Donas de Si, EDLG e coa axuda dos voluntarios/as da biblioteca e de todo o alumnado do centro realizou varias actividades para a conmemorar esta data.

  • Unha exposición de "Mulleres Premio Nobel da Paz".

  • Exposición de banda deseñada e de libros "pola Paz" 










  • Mural  "Arco da Vella da Paz", alfabeto da Paz. Símbolos da Paz.






















"Se queremos un mundo de Paz e de Xustiza debemos poñer  decididamente a intelixencia ao servizo do Amor." Antoine de Saint-Exupéry