24 de abr. de 2024

DÍA DO LIBRO

 



O Día do Libro é un acontecemento que se celebra o 23 de abril e que coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o inca Garcilaso de la Vega en 1616.

O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do Club de Lectura realizou unha exposición "Celebramo o Día do Libro, lendo os clásicos" na que fixo unha selección de obras clásicas presentes na nosa biblioteca.





















Para conmemorar este día, o alumnado de 1º de ESO elaborou carteis informativos na clase de Lingua Castelá sobre personaxes destacados da literatura universal, coma o Capitán Nemo, Oliver Twist, Jane Eyre, Ana Karenina ou Momo, entre outros. Nos seus traballos incluíron, ademais dunha imaxe representativa o nome do seu creador ou creadora e o título da novela que os deu a coñecer, así como unha breve explicación da súa historia. Estas ilustración colocáronse  na entrada do centro para acompañar a exposición das obras clásicas, realizada polos voluntarios da biblioteca e membros do club de lectura.

















No corredor do centro recolleron as recomendación lectoras de todo aquel que as quixo compartir.




OBRADOIRO DE TEATRO

Entre as actividades realizadas para celebrar o Día do Libro e tamén o Día do Teatro, o Equipo da biblioteca organizou para o alumnado de 2º de ESO  un obradoiro de teatro impartido polo actor e músico Vadzim Yukhnrvich, no que aprenderon técnicas de presenza corporal, quecemento da voz, xestión da respiración ou a transmitir emocións co noso corpo. 
Neste obradoiro convertéronse en samurais, en meigas, tiveron turbulencias nun avión e ata cruzaron un río con pedras.

















11 de abr. de 2024

PREMIOS LITERARIOS MINERVA

 

Esta tarde foron entregados en Santiago os Premio Literarios Minerva nun acto literario  organizado no Colexio M. Peleteiro. Os premiados leron parte da súa obra que será recollida, proximamente, nun libro, editado polo Colexio M. Peleteiro.  



Na modalidade de narración, o xurado outorgou a alumna do IES de Quiroga,  Celia López de 4º de ESO, o 1º accésit polo seu traballo "Escoitando".









PARABÉNS CELIA!!!!




10 de abr. de 2024

Traballos Xoaniña de Deus

  A continuación expóñense os vídeos que elaborou o alumnado do Club de lectura do libro "Xoaniña de Deus" como parte da actividade "Un percorrido pola vida dos meus avós/avoas".




Isabella entrevista a súa nai

Carmen entrevista a súa avoa

Xiana entrevista ao seu avó

María Vila entrevista ao seu pai

Sara Vaz entrevista á súa avoa

Tania entrevista á súa avoa

Paula entrevista á súa avoa


Traballos Un elefante na sala de estar

  Aquí podedes ver os excelentes traballos que fixeron os membros do Club de lectura que escolleron o libro Un elefante na sala de estar.

Como actividade, a partir do proverbio hindú que se explica no libro, cada alumna investigará os diferentes punto de vista que teñan diferentes persoas sobre alguén que elixan. Reflexionaremos: de verdade alguén é capaz de coñecer 100% a alguén? 

Proverbio hindú: Catro sabios cegos querían saber como era verdadeiramente un elefante e pedironlle ao rei que lles deixase tocar un. Un tocou a cola do elefante e dixo: un elefante é coma unha corda. Outro tocou o bandullo e dixo: un elefante é coma un tambor. Outro tocou a orella e dixo: un elefante é coma un abano. O último tocou unha das patas e dixo: un elefante é coma o tronco dunha árbore. Como non se poñian de acordo preguntáronlle ao rei cal deles os catro dicía a verdade e o rei contestou asi: o que cada un de vós dixo é unha cousa certa, pero todos estades equivocados. Un elefante é a suma de todo iso e, se ademais de vós houbese aquí catro sabios máis, outras catro outras cousas sería.



Miguel investigou sobre o seu pai



Traballo de Noelia que investigou sobre Naiara





7 de abr. de 2024

OBRADOIRO DE RAP

 

O 4 de abril, dentro do programa Radio na Biblio, Pedro Iglesias impartiu un obradoiro de escritura de rap ao alumnado de 4º de ESO, que se iniciou nas técnicas e recursos para escribir cunha métrica e rima axeitada a este estilo musical. Ao final da sesión fixeron unha posta en común das estrofas escritas por eles para ser rapeadas sobre unha base musical.


















OBRADOIRO DE RADIO

 Os días 3 e 4 de abril, dentro do programa Radio Na Biblio, Pedro Iglesias impartiu un obradoiro de gravación e mestura para radio e podcast ao alumnado de 1º de ESO. 

O alumnado tomou contacto con técnicas para mellorar a lectura, dicción e finalmente gravaron e editaron un pequeno podcast utilizando o coñecido software Audacity.














7 de abril - Día Mundial de la Salud

 Para conmemorar o Día Mundial da Saúde, o Equipo de biblioteca e como parte do Plan Proxecta Pasaporte Solidario levaron a cabo as seguintes actividades.

  • Obradoiro de primeiros auxilios.

O alumnado de todos os cursos da ESO aprenderon nunha charla con Santiago Goyanes, xefe das ambulancias da provincia de Lugo de Salutrnas como actuar ante unha emerxencia como un atragantamento, un síncope ou unha parada cardiorespiratoria. Posteriormente, fixeron unhas prácticas de como facer unha maniobra RCP con bonecos informatizados e puideron ver as ambulancias por dentro e ver todo o material que levan.




















  • Charlas con Noelia Pastor (psicóloga).
O alumnado de 1º ESO tivo unha charla -  obradoiro sobre xestión emocional, como identificar as emocións e a importancia das mesmas. Entre outras, practicaron diferentes estratexias de xestión da respiración e técnicas de relaxación.
Pola súa banda, co alumnado de Bach centrouse o obradoiro na xestión da ansiedade, como funciona o noso organismo e algunhas estratexias para deter os pensamentos intrusivos.







  • Entrevista na Radio Onda Brava a Noelia Pastor (psicóloga).

Por último, o alumnado voluntario da biblioteca Erik e Nadira entrevistaron á psicóloga e coach Noelia Pastor para abordar o tema da saúde mental, especialmente nos adolescentes. Existe agora unha maior conciencia e preocupación da saúde mental? Estamos peor, como sociedade, agora que antes da Covid? Que podemos facer cando nos sentimos mal? Estas e moitas máis son as preguntas que respondeu Noelia na Radio Onda Brava do IES de Quiroga.