17 de nov. de 2023

Plan Proxecta- Correspondentes xuvenís 1ª REUNIÓN

 


O venres 17 o alumnado e profesorado participante do Plan Proxecta Correspondentes xuvenís reuníronse para repartir tarefas e organizarse co traballo que teñen por diante. Un grupo encargarase da actualización das redes sociais, outro da búsqueda e selección da información interesante e un último grupo da actualización do taboleiro e difusión da información entre os/as compañeiros/as.





16 de nov. de 2023

Plan Proxecta: Pasaporte solidario- Recollida de cápsulas de café

 

Continuamos co Plan Proxecta: Pasaporte Solidario. 

Recollida de cápsulas de café de todas as marcas para levalas a un punto de recollida e darlles unha segunda vida: o café residual servirá para facer abono e o plástico será reutilizado!

Calquera pode participar, animádevos a axudar, moita xente vos necesita

Plan Proxecta: Pasaporte Solidario - Banco de alimentos

 

Este curso estreamos un novo Plan Proxecta: Pasaporte Solidario. 

En que consiste? En levar a cabo unha serie de actividadas enfocadas a tratar de facer este mundo un chisco mellor e de aportar cada un de nós o noso gran de area.

Comezamos forte coa campaña solidaria: Recollida de alimentos para familias desfavorecidas da provincia de Lugo. Colaboramos co Banco de alimentos de Lugo. 

Calquera pode participar, animádevos a axudar, moita xente vos necesita

25 N- Día contra a violencia de xénero

 Crea a túa chapa pola eliminación da violencia de xénero!

Durante toda a semana entre o 20 e o 24 de decembro acudide á biblioteca durante os recreos, fai o teu deseño (debuxo, frase, palabra…) e fai a túa chapa!





15 de nov. de 2023

PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA. FORMACIÓN DE USUARIOS E USUARIAS DA BIBLIOTECA.

 O alumnado de 1º de ESO foi recibido na biblioteca polos voluntarios e voluntarias para explicarlles o funcionamento, a organización e a distribución da biblioteca. 

O voluntariado realizou unha xincana para enseñarlles como buscar un libro na biblioteca.







OBRADOIRO DE RADIO PARA O PROFESORADO

 Durante os recreos, o profesor Roberto de Andrés realiza un obradoiro para o profesorado interesado en recibir a formación necesaria para o manexo da radio escolar.

Aprenderon como gravar, editar, regulación do son...





10 de nov. de 2023

Magosto no IES de Quiroga

 



Este venres celebramos o Magosto no IES coas típicas castañas e cuns deliciosos bolos preñados, e todo isto amenizado con boa música.


2 de nov. de 2023

1ª REUNIÓN CLUB DE LECTURA

  


Hoxe reuniuse por primeira vez a totalidade do Club de Lectura 2023 cun éxito rotundo. Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO elexiron os libros que leremos neste primeiro trimestre.



Finalmente, os libros seleccionados que leremos e nos que afondaremos este curso serán:

Subnormal, unha historia de acoso escolar (Fernando Llor e Miguel Porto)
 O misterio do torque de Burela (Antía Yáñez)
La chica invisible (Blue Jeans)
Pecados veniais (Nazaret López)
Heartstopper, dos chicos juntos (Alice Oseman)
A dos metros de ti (Rachael Lippincott)


Ademáis este curso como novidade estreamos o Club de lectura Manga!
Comezaremos lendo Ataque dos titáns!