No IES de Quiroga conmemoramos o Día de Rosalía cun mural
realizado polo alumnado que traballou e ilustrou
diferentes poemas da nosa autora.
Biblioquiroga realizou unha exposición coas obras e textos máis representativos de Rosalía
de Castro
O venres, 24 de febreiro celebramos o día da amizade e do amor , cunha exposición de libros con esta temática.
O Equipo da Biblioteca en colaboración co alumnado colaborador realizou un obradoiro de marcapáxinas.
Para conmemorar o Día da Ilustración, Biblioquiroga e Donas de Si programaron un Obradoiro de ilustración e banda deseñada coa ilustradora Idoia de Luxán Vázquez que propuxo ao alumnado participante, a creación dunha banda deseñada con personaxes que desafiasen a discriminación por xénero, o machismo, o maltrato.
O 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Castelao,
celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha
iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria da Xunta
de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da
Ilustración (AGPI).
Cartel da ilustradora coruñesa XULIA PISÓN.
O 30 de xaneiro celebramos O Día Escolar da Non-Violencia e da Paz, esta conmemoración foi fundada en 1964 polo poeta e pacifista Llorenç Vidal, e conmemórase a morte de Mahatma Gandhi, asasinado a tiros por un fanático hinduísta.
A nosa biblioteca realizou unha exposición de libros con esa temática. Na parte superior da exposición, o alumnado deseñou tarxetas coa palabra PAZ en diferentes linguas. E na parte inferior decorou outras con lemas e frases de personaxes famosos.