27 oct 2019

DÍA DA BIBLIOTECA

Desde 1997 a "Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil" promove a celebración do Día das Bibliotecas en recordo do incendio da Biblioteca de Saraxevo durante o conflito  dos Balcáns en 1992.
Este ano o autor do cartel ilustrador foi o valenciano MIGUEL CALTAYUD



E o pregón correu a cargo da escritora Gemma Pasqual. 



Biblioquiroga celebrou  o Día da Biblioteca cunha exposición de libros, que podedes encontrar na  nosa biblioteca, nos que a temática principal xirase arredor das bibliotecas,  libros, lecturas e persoas que traballan nas bibliotecas.




O alumnado de 1º e 2º de ESO leu o pregón, ademais de recitar varios poemas de escritoras galegas.
 


Aquí temos o resultado das nosas lecturas.



19 oct 2019

DÍA DAS ESCRITORAS


O Día das Escritoras é una conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto  a "Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias "(FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas que, desde o ano 2016, busca reinvidicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia.
Os obxectivos desta conmemoración son principalmente:

  • Loitar contra a discriminación, que ao longo da historia, sufriu a muller.
  • Visibilizar o  traballo das mulleres no ámbito da literatura.
  • Poñer en valor o legado das mulleres escritoras.

En Biblioquiroga tratamos de poñer en valor o traballo e a obra destas mulleres a través de varias exposicións realizadas polo alumnado.

Dunha banda fixemos unha exposición destacando o papel da muller na literatura con tres apartados:

  1. Mulleres Premio Nobel de Literatura.
  2. Mulleres Premio Cervantes que só foi outorgado a catro mulleres.
  3. Día das Letras Galegas,desde 1963 foi adicado soamente a tres mulleres.















E por outra banda unha exposición na que destacamos os nomes das escritoras galegas do século XXI que podemos encontrar nos fondos da nosa biblioteca.




















17 oct 2019

INFORMACIÓN E FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA




Este mes de outubro as colaboradoras e colaboradores de Biblioquiroga abriron as portas da biblioteca do noso centro ao novo alumnado de 1º de ESO. 
Comezaron repartindo un tríptico no que se explicaba o funcionamento e a distribución da biblioteca. A partir deste tríptico fóiselles explicando tamén  cada sección. A continuación, a coordinadora da biblioteca realizou diversas actividades que consistían na busca de diferentes libros e  na colocación nos estantes dunha serie de libros e material da biblioteca.
Entregáronse os Carnés de lectura e finalmente todos foron agasallados con varios marcapáxinas