24 de mar. de 2022

PINGAS DE POESÍA, OBRADOIROS, VIDEOPOEMAS E EXPOSICIÓN.

 

O Día Mundial da Poesía celébrase cada ano o 21 de marzo, a UNESCO adoptou por primeira vez esta data durante a Conferencia Xeral celebrada en París en 1999 co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética.

Durante toda esta semana, celebrouse o Día Mundial da Poesía no IES con diversas  actividades.

PINGAS DE POESÍA

O alumnado do IES de Quiroga decorou unha das paredes da entrada do centro con pingas de auga na que escribiron poemas nas diferentes linguas estudadas no centro.













OBRADOIROS

Co gallo do día da poesía no IES de Quiroga celebramos dous obradoiros literarios a cargo de Carmen Conde de Tarabela Creativa.

No primeiro co alumnado de 2º ESO, de poesía e violencia de xénero, o alumnado creou poemas partindo dunha noticia e dunha imaxe que ilustraban diversos aspectos de temáticas femininas, lgtbi ou racistas.

No segundo co alumnado de 3º e 4º ESO, de narración breve, Carmen ía explicando os distintos rasgos dun texto narrativo e o alumnado ía creando a súa propia historia incorporandolle as técnicas e os recursos que escollían de entre os que ela explicaba.

Deste xeito o alumnado aprendeu que a súa relación coa literatura pode ser non só recibila senón tamén creala e, que este acto de creación, se nós mesmos o experimentamos, lévanos a valorala máis.

Moitas das creacións que se fixeron sorprenderon pola súa boa factura.

 



Algunhas das creacións do alumnado






Ao segundo obradoiro de narrativa breve asistiu o alumnado de 3º e 4º da ESO, na primeira parte do obradoiro Carme amosou fotos con diferente temática (guerra, feminismo, debate entre sentimento e razón,...)
O alumnado tiña que escoller unha foto e poñerse na pel dalgún dos personaxes e a partir de ahí inventar unha historia ou relato breve.


VIDEOPOEMAS

Coa colaboración do  Departamento de Lingua catelá e Literatura, o alumnado de 2º de ESO desenvolveu a súa creatividade coa realización dunha serie de videopoemas

Poema "Por debajo del agua" de José Ángel Valente.

Creación de Aitana


Videopoema de Alejandro

Videopoema de Manuel Antonio.


Poema "Contigo"
de Luis Cernuda.


"No te quiero sino porque te quiero" Luis Cernuda.

Videopoema de Alejandra.

Obra de Sergio.



"El Gallo despertador" poema de Gloria Fuertes
 Videopoema de Simón.


"el sol, la rosa y el niño" de Miguel Hernández.

Videopoema de Celia.

"Simil del viento" poema de José Ángel Buesa.
Videopoema de Rafael


"Los mejores ojos", César Conto.

Creación de Araceli.

Videopoema de Lucho.


Videopoema "Qué hermosa está la mañana Leo!" , creación de Verónica.



EXPOSICIÓN

O voluntariado da biblioteca, fixo unha seleccion de obras poéticas escrita por mulleres,, "Poesía en feminino".




20 de mar. de 2022

VISIBILIZANDO AS MULLERES, 9ª SEMANA

 

SEMANA DO 21 AO 25 DE MARZO

1º PISTA


                                                    2ªPISTA



3ªPISTA



4ªPISTA


                                           5ªPISTA








15 de mar. de 2022

9 de mar. de 2022

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER.

  O 8 de marzo de 1857, miles de traballadoras do téxtil decidiron saír ás rúas de Nova York co lema "Pan e rosas" para protestar polas malas condicións laborais e reivindicar un recorte do horario e o fin do traballo infantil. Foi unha das primeiras manifestacións para loitar polos dereitos das mulleres. Este acto serviu para que as Nacións Unidas declararan en 1975 o 8 de marzo coma o Día Internacional da Muller. Son numerosos os actos que se celebran para conmemoralo. E como non no IES de Quiroga tamén o fixemos.

Propuxemos ao alumnado a gravación dun pequeno vídeos nos que falaran dunha muller do seu entorno (nai, avoa, amiga,...) explicando os valores que lles aporta esta muller. 

 




Dende Biblioquiroga, nos corredores do centro colocouse  unha exposición de libros con temática feminista, sobre mulleres relevantes, ...

 



Dende o departamento de debuxo, o alumnado de 1ºESO e 3º ESO realizou uns carteis con debuxos e mensaxes.










Dende o departamento de Francés o alumnado despois de realizar un traballo de investigación, gravou vídeos falando sobre diferentes mulleres relevantes en distintos ámbitos.

2º BAC








3º ESO