28 de xuño de 2023

Despedimos o curso 22/23

 Como agasallo final,o último día o alumnado membro do club de lectura e voluntarias da biblioteca recibiron unha axenda do vindeiro curso. Nela poderán anotar as lecturas deste ano, as súas actividades favoritas ou os libros que lerán este verán.

Vémonos o vindeiro curso!






23 de xuño de 2023

Saída ao Teatro Principal de Ourense- Luis Piedrahíta “Es mi palabra contra la mía”

  O pasado venres o alumnado do club de lectura e voluntariado da biblioteca fomos de excursión ao Teatro Principal de Ourense a ver ao humorista Luis Piedrahita e a súa función “Mi palabra contra la mía”. O humorista no seu monólo falou de como é posible que nunca estemos conformes con nada do que temos e insistiu en que o importante da vida é aproveitar o día e disfrutalo coa nosa xente.

Alumnado e adultos disfrutamos moitísimo da experiencia!


INICIACIÓN Á ORIENTACIÓN

 

A actividade, realizada con 1º, 2º e 3º de ESO, expusose como unha iniciación á orientación de forma lúdica na materia de Educación Física, pero que implicou tamén ao resto das materias para facer un pequeno repaso do curso. 

A actividade tivo unha duración de dúas sesións, aproveitando a primeira delas para amosarlles aos alumn@s un mapa do centro, e outro mapa dos exteriores (patios, pavillón...), e para explicala detidamente. 

Na segunda sesión realizouse o propio xogo, comezando no pavillón, que era o punto de referencia. Unha vez establecidos os equipos, a cada equipo se lle daba o mapa visto na sesión anterior pero baleiro, soamente cun número cuberto en algún lugar do mapa. Os alumn@s tiñan que determinar de que lugar do instituto se trataba (biblioteca, sala de xogos, ximnasio, patio, salón de actos, aula de plástica...), e dirixirse alí (camiñando ou correndo).

Unha vez alí, ían ter que buscar e atopar un sobre agochado nese lugar, onde encontrarían tres preguntas das diferentes materias (matemática, lingua galega, castelá, inglesa ou francesa, bioloxía, física, historia, debuxo, tecnoloxía, música, educación física...), sobre algún aspecto traballado durante o curso.

Os alumn@s tiñan que escribir as respostas no seu folio e volver a deixar novamente o sobre no lugar correspondente, para que  o próximo grupo puidese responder ás preguntas, todos os grupos tiñan que ir aos mesmos lugares e responder ás mesmas preguntas, pero en orde diferente).

Unha vez respondidas as preguntas regresaban ao pavillón onde se encontraban co profesor de Educación Física e con profesorado colaborador, aos que lles daban as respostas, se estás eran correctas, un membro do equipo tiña que facer unha proba física dalgún dos deportes realizados durante o curso. Ao finalizar , eengadían no seu mapa outro número, que indicaba o seguinte lugar ao que tiñan que dirixirse, e así sucesivamente ata encontrar todos os sobres. O equipo que atopase todos os sobres, respondese correctamente ás preguntas e realizase as probas, era o gañador.

A actividade foi realmente un éxito, o alumnado implicouse e traballou en equipo, ademais de pasalo ben, moverse e aplicar o aprendido.







6 de xuño de 2023

LOUSA POLICIAL. "LA RATONERA" Agatha Christie

 

En clase de lingua castelá e literatura de 1º de ESO unimos o teatro o misterio lendo La ratonera de Agatha Christie. Despois de ler a obra, convertémonos en policías para indagar os motivos que podían ter os personaxes para matar a alguén, unir o lugar onde ocorreron os feitos coas pistas que nos proporcionaba esta intrigante lectura, para terminar descubrindo ao verdadeiro asasino.

O resultado final: LOUSAS POLICIAIS dignas dos mellores detectives.













XV XORNADA DE CLUBS DE LECTURA

 Hoxe celebrouse en Santiago de Compostela a XV xornada de clubs de lectura á que acudiu Ana Nogueira como representante da biblioteca e club de lectura do IES de Quiroga.

Nestas xornadas diversos centros educativos contaron as súas experiencias tanto da Radio na biblio, club de lectura ou biblioteca en xeral. Ademáis escoitáronse grandes exposicións como a de Olga novo ou Manuel Núñez Singala ao que o Conselleiro Román Rodríguez lle entregou o premio Clubs de Lectura 2023. O último libro que publicou "Atranco no banco" é un dos libros elixidos polo alumnado para ler neste último trimestre no Club de lectura do noso IES.






5 de xuño de 2023

I Xornada literaria


Hoxe, o club de lectura e voluntarias da biblioteca do IES de Quiroga organizaron unha mesa redonda na casa da cultura de Quiroga. O tema que tratamos foi  “a saúde mental na sociedade actual” utilizando como fío conductor o libro de Antía Yañez “Non penses nun elefante rosa”. 

Na mesa redonda contamos coa propia escritora Antía Yañez, Marisa a directora do CIM de Quiroga, as alumnas Nadia e Celia, Laura Álvarez como membro do club de lectura de adultos e Almudena representante de pais e nais do IES. Moderará Aldara Pérez , como coordinadora do club de lectura.

Na mesa redonda, que comezou ás 16:30 horas, na casa da cultura de Quiroga abordáronse cuestións como canto custa ir ao psicólogo, se soamente é necesario ir cando tes unha enfermidade, que é o TOC, que pensan os adolescentes da saúde mental ou se é importante para os pais e nais a saúde mental, entre outros asuntos.

Ao finalizar a xornada, Antía Yáñez asinou libros a toda a xente que lle apeteceu!












2 de xuño de 2023

Lendo nos coles!

Hoxe o alumnado do club de lectura y voluntarias da biblioteca (2º e 4º da ESO) visitaron o CEIP de Quiroga onde leron algúns contos aos máis pequenos do cole.

- Natalia, Nadira e África leron o conto de Arturo e Clementina.

- Naiara, Carla V, Katia, Carla B, Antía, Nahúm e Noelia leron As filloas de Manola e preparáronlles a eles/as unhas poucas.

- Miguel leu O neno devorador de libros!

- Carla V, Antía, Claudia e Carla B e Naiara leron Con Tango son tres. Con baile incluído!
















1 de xuño de 2023

III ENCONTRO XEOPÍCAROS!

O xoves día 1 de xuño tivo lugar o III ENCONTRO DOS XEOPÍCAROS MONTAÑAS DO COUREL. 

O alumnado dos centros educativos que forman o Xeoparque, reuniuse na praia fluvial de San Clodio, onde disfrutou de distintos obradoiros, picnic e concerto musical. Dito encontro levouse a cabo como celebración da semana dos xeoparques.