O día 24 de febreiro conmemórase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, para isto Biblioquiroga realizou diversas actividades.
O homenaxe de Rosalía comezou cun concerto de Uxía Senlle, pero previamente o alumnado do Club de lectura "Libromanía" entrevistou a Uxía.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhVN9d7gt3Vif-ZhnkJ64uI2bxN0zjx0Ph4pwiFlV1oOzLa03MOXvXmXFFWUbuggdqi2z1GDIr2pIQ8z_j8YwEJkOFatlQIuZ9DtKrSNIV07HaM0GPhoWXZNoHUodtXJMMegH4lInAjNdc/s200/entrevista+Ux%25C3%25ADa+1jpg.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjpNxjBsn-4wSYI1b8ANCPY9XRXx9h07mAP0SeffcqTMNJoORIQH_7rMzyEWM-8xaTGskWLpPstgvk1PXBssJ8JOgznmtFk3gP6IPMJU3Ds0osDplg12E3Lv3y7W7U4n1Mpoj2cWOgBwkM/s200/entrevista+2jpg.jpg)
Aquí vos deixo o enlace a esta entrevista tan interesante
Entrevista a Uxía Senlle
E por fin chegou o concerto do que disfrutamos enormemente.
Uxía canta a Rosalía e a Uxío
O día 22 tivemos un encontró coa poetisa Celia Parra, "Poesía e redes sociais". Unha breve presentación da poeta deu paso a un recital audiovisual de varios poemas do seu libro "Pantallas", seguido dunha pequeña charla sobre poesía nas redes sociais y finalmente a proxección de varios videopoemas da poetisa e doutros poetas que publican nas redes sociais Instagram.
E como sempre, no corredor da primeira pranta tedes unha pequena exposición da obra de Rosalía e un mural con distintas imaxes e poemas do alumnado do centro.