26 de dec. de 2022

MARCAPÁXINAS ILUSTRADO

 O alumnado de 3º ESO na materia de Proxecto Competencial en colaboración con Biblioquiroga e proxecta Donas de si, realizou un marcapáxinas onde, mediante un código QR se pode acceder a una selección de músicas compostas e interpretadas por mulleres do ámbito nacional e internacional. Ademais, tamén contamos coa axuda de Yulianna, unha alumna de 1º de ESO, que nos fixo un fermoso debuxo para ilustrar o noso marcapáxina.

Ao final deste trimestre o marcapáxina foi distribuído ao alumnado e o profesorado.



20 de dec. de 2022

HOMENAXE A FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 Nestes últimos días do mes de Nadal realizamos o derradeiro acto destinado a homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán. Contamos para iso coa presenza do profesor D. Julio Pérez Veiga, autor da unidade didáctica distribuída nos centros de ensino co gallo do Día das Letras Galegas e colaborador en diarios como O Sil, Raigame ou Auria con artigos destinados a difundir a figura de Florencio.

O alumnado de 3º ESO participou na sesión co recitado de poemas do autor e co comentario de determinados conceptos encamiñados a aclarar algúns aspectos sobre a súa vida e obra.






15 de dec. de 2022

Comeza o club de lectura!

 As primeiras reunións do club de lectura están a piques de comezar:






Adultos/as preparádevos que comeza o club de lectura! 
A primeira reunión será o vindeiro martes 20 ás 10.30 na sala de audiovisuais do ES de Quiroga onde presentaremos o primeiro libro que imos ler: Esperando al diluvio de @dolores_redondo 
Ademais proporemos a primeira actividade do club: acudir á presentación de dito libro o mércores 21 de decembro en Monforte de Lemos! Coñeceremos á autora e pedirémoslle que nos asine un exemplar para a biblioteca.
Comezamos! 





13 de dec. de 2022

CONCURSO DE NADAL

  Chega o nadal e iso quere dicir que comeza unha nova edición do Concurso de Tarxetas de Nadal!

Que é o Nadal para ti?, é diferente o nadal para os homes e para as mulleres?, quen pide ser a dona do nadal?

Debuxa ou escribe a túa tarxeta e participa no novo concurso da Biblioteca do IES de Quiroga!


Aquí tedes as postais presentadas ao concurso, todas con moita calidade. Cales serán as gañadoras?




11 de dec. de 2022

VISIBILIZANDO AS MULLERES 9ª SEMANA

 SEMANA DO 12 AO 16 DE DECEMBRO

PISTA 1


    PISTA 2


PISTA 3



PISTA 4


PISTA 5






1 de dec. de 2022

Dinámica de grupo: Estudar para qué?

Alumnado de diferentes cursos da ESO así como de 1º de bacharelato asistiron a unha dinámica de grupo na que se abordou o tema: "¿Estudiar para qué?", co fin de que o alumnado reflexione e coñeza as diferentes opcións académicas que teñen a súa dispoñibilidade para proseguir coa súa vida académica.