27 de maio de 2022

PROXECTO ALVARIZA DE BUSTELO

O alumnado de 1º ESO do IES participou o mércores 25 de maio e o alumnado de 2º ESO o xoves 26 de maio,  no proxecto camiño xacobeo 21. Unha ruta polos territorios imaxinados.

A artista plástica Lucía Loren, coordina unha proposta de Intervención Artística no municipio de Quiroga, que ten como obxectivo principal contribuír ao coñecemento e a divulgación da cultura e o patrimonio cultural.

A actividade consistiu nunha presentación da alvariza, debuxos sobre papel de minerais e flora da zona, realización de tarefas de construción sinxelas: arrimar pedras, recheo con pedras pequenas en ocos, pequenas construcións con pedras e outros materiais.

Agradecemos a Lucía a invitación a participar neste proxecto.

Deixámosvos unhas fotos do alumnado gozando da natureza no territorio do Xeoparque!!!












Debuxando materiais da zona!!












Construíndo pequenas edificiacións!!!















Percorrido pola aldea de Bustelo!!!








23 de maio de 2022

GRADUACIÓN 2º DE BACHARELATO

 O sábado 21 de maio o alumnado de 2º de bacharelato celebrou o acto de graduación no auditorio de Quiroga. O acto asistiron os familiares do alumnado e varios profesores e profesoras do IES. 





ENQUISA DA BIBLIOTECA

 Xa case remata o curso, e como outros anos dende a biblioteca pedimos ao alumnado e profesorado que realice unha pequena enquisa para valorar o funcionamento e sobre todo para mellorar de cara ao vindeiro ano. 

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración!!

Enquisa para alumnos e alumnas preme en alumnado!!!


Enquisa para profesores e profesoras preme en profesorado!!









16 de maio de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 






FANZINES PARA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Co gallo do Día das Letras Galegas o alumnado de 2º e 3º de ESO   elaborou uns fanzines moi creativos sobre Florencio Delgado Gurriarán.


















RECITADO DE POEMAS DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Os alumnos e as alumnas de 1º de ESO realizaron uns vídeos recitando poemas do autor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán. 

Naiara, Claudia, Katia, Carla e Noelia recitan "Galicia infida"



Poema recitado por Germán, Fernando e Markus.


Iris, Antía, Carla e Noemí len o poema de Florencio D.G. "Casoiro".


Erik. Alejandro e Víctor  recitan o poema "Ahí ven o maio".



O poema "Teu cabelo é viño branco"  recitado por Leo.




Miguel recita "Dores do agro".





GLOBOS DA POESÍA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
O voluntariado da biblioteca decorou o mural do Día das Letras Galegas cuns globos, que eles mesmos elaboraron coa poesía do autor homenaxeado.







 



4 de maio de 2022

NAVEGA CON RUMBO

 O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que vós, @s escolares, naveguedes con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A nosa intención é que te mentalices da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.


O IES de Quiroga solicitou o programa Navega con Rumbo e o día 2 de maio acudiron ao Centro a impartir unha charla ao alumando de 1º e 2º da ESO para trata temas de seguridade na rede. Para que o alumnado poida navegar por internet de xeito seguro e coñezan os perigos aos que se expoñen. 




Máis información:https://www.edu.xunta.gal/navegaconrumbo/presentacion.html