PISTAS DENDE O 28 DE NOVEMBRO AO 2 DE DECEMBRO
Pista 1
Pista 2
Pista 3
Pista 4
O pasado venres o alumnado de bacharelato e a súa profesora de galego, acompañados por un guía da oficina municipal de turismo de Ourense percorreron os escenarios máis emblemáticos da novela A Esmorga de Eduardo Blanco Amor, onde leron as placas de cerámica que reproducen fragmentos desta obra literaria.
O día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres celébrase cada ano o 25 de novembro, dando visibilidade a esta lacra social. Este ano o IES de Quiroga encheu as escaleiras de frases contra a Violencia de Xénero.
O alumnado de plástica prepara o cartel que acompañara os libros con esta temática que seleccionaron os voluntarios e as voluntarias da biblioteca.
Xa rematamos os carteis, vamos a colocalos nos chanzos das escaleiras.
Celebramos o mes da ciencia en galego cunha exposición de maquetas do alumnado de 1º de ESO e o voluntariado da biblioteca preparou dúas exposición de obras con temática científica e outra na que as protagonistas son mulleres relevantes na ciencia.
Para conmemorar ao mes da ciencia, o alumnado de 2º de ESO mostroulle e explicoulle, o alumnado de Educación Infantil e de Educación Primarias do CEIP de San Clodio, diferentes experimentos que prepararon para esta ocasión.
EXPERIMENTOS CASEIROS
A continuación presentámosvos uns vídeos para traballar diferentes cuestión científicas, podedes realizar estes experimentos na casa.
Animádevos e compartide con nos as vosas experiencias.
1º FACER NEVE ARTICICIAL.