20 de nov. de 2022

A ESCALEIRA 25 N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres celébrase cada ano o 25 de novembro, dando visibilidade a esta lacra social. Este ano o IES de Quiroga encheu as escaleiras de frases contra a Violencia de Xénero.


O alumnado de plástica prepara o cartel que acompañara os libros con esta temática que seleccionaron os voluntarios e as voluntarias da biblioteca.



EXPOSICIÓN DE LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA



O voluntariado rotulou  as mensaxes para expoñelas nos chanzos das escaleiras do centro. A maioría das  linguas do centro aparecen reflexadas nos carteis (galego, castelán, francés, inglés, moldavo,ucraíno...)





























Xa rematamos os carteis, vamos a colocalos nos chanzos das escaleiras.













O 25 de novembro, alumnado e profesorado gardamos un minuto de silencio como mostra de respecto e loito polas mulleres víctimas da violencia de xénero.





Ningún comentario:

Publicar un comentario